Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Participará na aceleradora DIANA (Defence Innovation Accelerator for the North Atlantic), o que lle dará a oportunidade de presentar a súa tecnoloxía aos departamentos de Defensa dos países membros da Alianza
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, felicitou a Vig-Sec Drone e celebrou que forme parte “dun selecto grupo de 15 empresas a nivel mundial cuxas solucións innovadoras son consideradas de alto valor engadido para os países que integran a OTAN”

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, sinalou que a Spin-Off da Universidade de Santiago é ademais un exemplo do potencial logrado polo ecosistema startup galego
  • Esta tecnolóxica galega, que contou co apoio do Igape en distintas fases, mediante programas como as axudas para startups, e as liñas Igape Innova ou Tícket Innova, está especializada en solucións avanzadas para os ámbitos farmacéutico, sanitario e cosmético
  • Conta cunha tecnoloxía propia de nanoencapsulación que permite mellorar a administración e a biodispoñibilidade de compostos activos para o lanzamento de novos produtos
  • A Xunta reforza a súa aposta polo emprendemento innovador para favorecer a creación de novas empresas, impulsar a innovación e consolidar un ecosistema emprendedor competitivo en Galicia

  • Nunha visita a Vig-Sec Drone, en Nigrán, a conselleira de Economía e Industria adiantou que a partir da fórmula da Compra Pública Precomercial vanse financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas
  • A mobilización prevista de 900 millóns de euros ten como obxectivo potenciar o crecemento das empresas que xa operan nestes sectores e facilitar a incorporación daquelas outras que están traballando en tecnoloxías duais
  • María Jesús Lorenzana puxo en valor o traballo de Vig-Sec Drone e lembrou que participou en aceleradoras como ViaGalicia e BFAero, así como na Aceleradora de Innovación en Defensa da OTAN

  • O programa Industria Dual, promovido no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda), ten un orzamento de 6 millóns de euros e está cofinanciado pola UE dentro do programa Galicia Feder 2021-2027
  • A intensidade da axuda pode ser do 15% para as grandes empresas, do 25% para as medianas e do 35% para as pequenas, con axudas máximas de 1 millón de euros por sociedade e proxecto
  • A convocatoria outorga prioridade ás iniciativas de empresas de sectores estratéxicos e con alto potencial de diversificación, como automoción, metalmecánica, naval, loxística, téxtil, TIC, aeroespacial e construción

 

  • Estas tres liñas configuran unha oferta integral de apoio á innovación, acompañando ás empresas desde a definición de proxectos ata o desenvolvemento de novos produtos, procesos e servizos e a incorporación de tecnoloxías emerxentes como a IA
  • IA360 apoiará nesta convocatoria 97 proxectos, cun investimento público de 10 millóns de euros, distribuídos entre 43 proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e 54 de implantación de solucións de IA
  • A aposta do Igape enmárcase na Estratexia Galega de Innovación 2026-2028, que reforzará a coordinación das políticas públicas de innovación e a colaboración entre empresas, universidades e centros tecnolóxicos para consolidar un tecido máis innovador, competitivo e xerador de valor

 

  • Nunha visita ao concello da Merca (Ourense), o director xeral de Planificación Enerxética e Minas remarcou o compromiso da Xunta co desenvolvemento dunha minaría sustentable e segura, en liña cos obxectivos da Axenda de impulso da minaría de Galicia
  • A convocatoria, que consta de cinco liñas de apoio, cobre desde investimentos para mellorar as condicións laborais e reducir a exposición ao po ata apoios para a implantación, seguimento ou renovación das normas de certificación en minería sustentable, entre outras actuacións
  • As axudas poden alcanzar os 150.000 euros, cunha intensidade máxima de ata o 65% do investimento subvencionable no caso de pemes, do 55% nas medianas empresas e do 45% nas grandes empresas

 

  • Os apoios pódense solicitar ata o 31 de agosto e presentan como principal novidade o aumento da contía máxima para edificacións en altura, actuacións de uso residencial e promocións singulares, que sube de de 140.000 a 250.000 euros
  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, detallou que o Goberno galego destina 5 millóns de euros a este programa que subvenciona a redacción de proxectos e a execución de obra nova
  • Salientou a liña Xera-madeira no transcurso dunha visita ao establecemento turístico Cabanas do Avia, en Ribadavia, beneficiario en anteriores edicións
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia