Busca en nuestra página

— O plan de traballo terá unha duración de oito meses e está enfocado a empresas galegas con solucións innovadoras para exportar a outros mercados.

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou na presentación de Galicia Avanza a necesidade de apostar “polo talento, a tecnoloxía e a I+D+i para atopar alternativas ao modelo económico actual”.

— O Parque Tecnolóxico de Galicia será o centro referente deste programa de aceleración.

— A Tecnópole galega tamén albergará o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia e a primeira comunidade enerxética que se promove desde un polígono empresarial.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, indicou na presentación do programa de aceleración Galicia Avanza que esta iniciativa está chamada a ser o trampolín que precisan as pemes galegas que queren chegar ao mercado internacional desde a I+D+i e desde a sustentabilidade.

O que distingue esta aceleradora que está botando a andar é que está pensada para pemes galegas de base tecnolóxica que teñan entre mans solucións innovadoras para exportar a outros mercados. Deste xeito, Galicia Avanza vai apoiar a consolidación no mercado internacional de 30 empresas a través dun plan de traballo de oito meses de duración nos que as participantes poderán acceder a servizos de asesoramento e formación especializada.

O vicepresidente económico subliñou a necesidade de apostar “polo talento, a tecnoloxía e a I+D+i para atopar alternativas ao modelo económico actual”. Neste ámbito é onde porá o foco Galicia Avanza, que se localizará na Tecnópole.

Precisamente o Parque Tecnolóxico de Galicia destaca pola súa oferta de servizos ao tecido empresarial pero tamén polas infraestruturas ás que vai dar cabida, como o Centro de excelencia en ciberseguridade de Galicia ou a primeira comunidade enerxética nun polígono empresarial galego para que as compañías poidan acceder a un prezo enerxético máis competitivo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid