PATROCINADOR DE LA SEMANA

― O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, detallou os dous novos incentivos para o tecido empresarial galego no networking Galicia Empresa que tivo lugar en Valdeorras
― A primeira liña destina 1,5 millóns para promover procesos e consumos máis eficientes entre pemes e autónomos, e a segunda son préstamos directos que suman 18 millóns de euros
― Francisco Conde avoga pola colaboración entre administracións, así como co tecido produtivo, para abrir novas oportunidades que logren atraer investimentos
― Salientou ademais a contribución que fan os Concellos Emprendedores, dos que forman parte O Barco e Carballeda de Valdeorras, á hora de facilitar a implantación de novos proxectos empresariais
― No networking con empresarios valdeorreses transcendeu a boa evolución do comercio exterior de Ourense, cun crecemento do 21,5% en exportacións de xaneiro a novembro, ata 1.333,2 millóns de euros.
― Conde lembrou que Valdeorras, a “capital do sector da lousa”, concentra o 90% da produción, con 2.400 postos de traballo vinculados en toda Galicia
Leer más...

— Consolidará a Galicia como “referente en materia de biotecnoloxía”, ao complementar a cadea de valor deste sector estratéxico, salienta Alfonso Rueda.
— A planta galega de Indukern incluirá laboratorios de análise e de I+D+i para o deseño de futuros fármacos, o que conecta de cheo coa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.
— O presidente da Xunta detallou que o investimento inicial de 33 millóns de euros destinarase á fabricación, produción, acondicionamento e distribución loxística de produtos estériles farmacéuticos líquidos.
— A declaración de iniciativa empresarial prioritaria enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa, o que na práctica supón reducir á metade os prazos de tramitación.
— Coa planta farmacéutica de Monforte de Lemos, elévanse a 18 os proxectos que reciben esta declaración, cun investimento conxunto de 1.275 millóns de euros.
Leer más...

— A Casa de Galicia acolleu un encontro entre prescritores e empresas certificadas de sectores como a alimentación, o turismo, a xoiería, a horticultura ornamental ou a xeotermia
— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, definiu os produtos das marcas que empregan o selo de garantía Galicia Calidade como “unha forma de reivindicar o saber facer da Comunidade en eidos como o agroalimentario, o industrial ou o sector servizos”
— Galicia Calidade certifica na actualidade máis de 750 produtos de preto de 150 compañías
— O encontro `Con selo Galicia´ incluíu charlas-coloquio sobre turismo sustentable e industria con selo Galicia Calidade, e un túnel de viños con participación de 17 adegas
Leer más...

— O investimento inicial está cifrado en 3,7 millóns de euros, para unha iniciativa que dará continuidade á Unidade Mixta sobre o Estaleiro 4.0 iniciada en 2015
— O novo centro de investigación terá entre as súas prioridades o desafío técnico e industrial das fragatas F-110
— A colaboración entre UDC, Navantia e Xunta suporá unha transferencia de coñecemento e de talento á industria
— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, enxalza o rol do Campus de Ferrol como Campus Industrial coa implantación de novas instalacións e como futura sede do Centro de Investigación en Industria Intelixente
— O centro UDC-Navantia será clave para impulsar a dixitalización e a innovación no sector e supón unha credencial para optar ao Perte do naval
— Súmase aos outros dous centros que contan co pulo da Xunta: o de Magna-CTAG e o de Cetaqua-Viaqua
Leer más...

— Para a ampliación e modernización de servizos, a Xunta habilitará en 2023 unha convocatoria de mellora de infraestruturas cun orzamento de 2,1 millóns
— Os municipios galegos, e prioritariamente os Concellos Emprendedores, pasan a contar cunha nova liña para mellorar a iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, viais, subministración de gas ou hidróxeno verde e para instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable
— O obxectivo é favorecer a fixación e implantación de compañías nos parques e viveiros industriais de Galicia, así como estimular o emprego local
— Desde 2016, os apoios da Xunta para a modernización e renovación de infraestruturas dos parques empresariais sobrepasa os 17 millóns de euros.
— Ademais das axudas para os concellos, o Goberno galego destinará o vindeiro ano 3,5 millóns á posta en marcha de sete viveiros industriais e ao reforzo e extensión das redes de distribución en tres polígonos
Leer más...

— O vicepresidente primeiro salienta que Galicia ten nos Estados Unidos “un mercado de referencia para o desenvolvemento do sector contract, aeroespacial, agroalimentario, naval, turístico e TIC”
— Na xuntanza con Daniella Levine amosou o interese por manter abertas vías de comunicación coas institucións de Miami xa que se poden traducir en novas oportunidades para seguir estreitando lazos comerciais con Estados Unidos
— Conde presentou en Florida o Polo Aeroespacial de Galicia e sinalou que a Comunidade galega quere “formar parte do ecosistema aeronáutico de referencia mundial”
Leer más...

— Un dos motivos para abrir novas liñas marítimas con Estados Unidos é que a maior parte da produción de pneumáticos contemplada no proxecto industrial de Sentury nas Pontes será para exportar ao mercado estadounidense vía Miami
— Na súa visita ao Porto de Miami, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, resaltou que esta infraestrutura “é o mellor exemplo” para que os portos internacionais galegos impulsen a súa capacidade loxística e atraian novos operadores de cruceiros
— Desde Galicia hai interese en “establecer unha liña directa” con Florida “para que as empresas galegas teñan unha canle estable de exportacións no mercado estadounidense e latinoamericano”, defendeu Conde
— Na posterior xuntanza co presidente do World Trade Center de Miami, Iván Barrios, o vicepresidente económico da Xunta lembrou a importancia de que a marca Galicia Calidade e de que as empresas galegas estén representadas en escaparates mundiais da talla da Americas Food and Beverage Show and Conference
Leer más...

— Os traballos premiados nesta terceira edición foron un proxecto para o control de bacterias multirresistentes e unha vacina contra a leishmaniosis canina
— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, resalta que os Premios Zendal “fan posible que Galicia cumpra co seu compromiso co benestar social das persoas”
— Sinala como obxectivo facer da Comunidade galega “un lugar de referencia mundial para o desenvolvemento e proba de novas oportunidades científico-tecnolóxicas”
— Conde salientou que Galicia, que é a segunda Comunidade máis bioemprendedora de España, conta coa Estratexia de consolidación do sector biotech, á que se destinan 430 millóns de euros de fondos públicos ata 2025.
Leer más...

— Pasa a formar parte da Estratexia Naval de Galicia 2022-2026, que ten o reto de que a Comunidade sexa líder na asignación de fondos do Perte, e que as empresas galegas leven a termo os seus proxectos de maneira eficiente e sostible
— A nova oficina técnica promoverá o desenvolvemento de iniciativas tractoras para a economía galega que permitan xerar crecemento, emprego e competitividade
— As iniciativas prioritarias para recibir o asesoramento de Conecta Naval serán as relacionadas coa innovación e diversificación de produto –en especial coa descarbonización e as enerxías alternativas-, e coa sustentabilidade produtiva, a competitividade e a aplicación de novas tecnoloxías
— O naval súmase ós outros tres sectores –agroalimentación, saúde e automoción- que xa contan con oficinas técnicas para facilitar o acceso do tecido empresarial aos fondos europeos
— A Xunta agarda que se active canto antes o Perte naval e lembra que o compromiso do Executivo central fixaba a data no mes de novembro
— A Estratexia Naval de Galicia tamén inclúe un programa de axudas a fondo perdido para investimentos produtivos en estaleiros, o primeiro destas características no sector industrial
— No ámbito da formación xa está en marcha un plan específico, en colaboración con Asime e Aclunaga, que formará a máis de 2.000 persoas e que pon o foco nas nove profesións máis demandadas
— A industria naval engloba en Galicia a máis de 320 empresas, que xeran 11.500 empregos directos e un volume de negocio de máis de 2.000 millóns de euros, o equivalente ao 3,4% do PIB galego
Leer más...