. A conselleira de Economía, Industria e Innovación lembrou que a Axenda de Impulso da Minería Sustentable de Galicia defende o desenvolvemento sustentable do sector, sempre que compatibilice as actividades xeradoras de riqueza e emprego co respecto aos recursos naturais
. Expuxo iniciativas como a futura Lei de recursos naturais, a nova oficina de captación de fondos europeos para a investigación, innovación e modernización da minería galega e a Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto StmartminTech
― A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, compareceu no Parlamento de Galicia para explicar as contas do seu departamento para 2024
― O orzamento sube por riba do 5%, co obxectivo de converter a Galicia en referente na Península na captación de investimentos e de proxectos empresariais
― Entre as iniciativas máis relevantes salientou a futura Oficina Económica de Galicia, órgano de asesoramento técnico e administrativo que estará adscrito ao Igape e que contará con máis de 5,7 millóns de euros
― María Jesús Lorenzana tamén avanzou que se activarán 97,5 millóns de euros en instrumentos financeiros e que se abrirán catro novas liñas de apoio ás empresas, con preto de 33 millóns para a atracción de iniciativas, apoio a startups, sustentabilidade e internacionalización
― O plan de aceleración de proxectos industriais rebaixará as condicións para seren declarados estratéxicos: a partir de 2 millóns de euros de investimento e 25 empregos
― Na súa exposición no Parlamento, a conselleira sinalou como prioridades axilizar a burocracia administrativa, ofrecer financiamento e facilidades de acceso ao solo industrial, así como reforzar a I+D+i
— A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou en Nigrán na presentación desta infraestrutura, que contará cun apoio da Xunta de 5 millóns de euros, para un investimento total de 20 millóns
— As obras darán comezo nas vindeiras semanas sobre dúas parcelas de 8.500 metros cadrados en Porto do Molle e o futuro centro tecnolóxico dedicará 4.000 metros cadrados a laboratorios e oficinas
— María Jesús Lorenzana lembra que na Lei de acompañamento aos orzamentos da Administración autonómica se inclúen medidas para que os proxectos industriais poidan comezar a súa construción nun prazo dun ano
— A conselleira fai fincapé na importancia de que se acelere a chegada dos fondos europeos Next Generation ao tecido produtivo galego
• Ambas as liñas de apoio sumarán máis de 3 M€ no que queda de ano para incentivar accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas na proxección e posicionamento de empresas e organismos galegos nos mercados internacionais
• Con estas dúas iniciativas, a Xunta impulsa tanto actividades de difusión como a participación en eventos expositivos no exterior e accións de prospección internacional
• O programa Galicia Exporta Empresas da cobertura aos proxectos individuais e o Galicia Exporta Organismos Intermedios ás accións colectivas que estean coordinadas por agrupacións empresariais
• Na liña para empresas o apoio máximo por solicitude e beneficiario chega ata os 95.000 euros e na de organismos intermedios ata os 400.000
• Desde o ano 2016 téñense apoiado 1.650 plans de promoción internacional, cunha axuda total de 39,2 millóns de euros
• Ás dúas liñas da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e dentro da Estratexia de Internacionalización, sumarase proximamente unha nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital, dirixido ao uso de ferramentas innovadoras nas empresas exportadoras
• A conselleira de Economía, Industria e Innovación adianta que os Orzamentos da Consellería para 2024 soben por riba da media e superarán os 430 millóns de euros
• En liña co anunciado polo presidente da Xunta no Debate do Estado da Autonomía, María Jesús Lorenzana subliña a posta en marcha dun plan de aceleración de proxectos industriais e a creación dunha oficina económica para toda Galicia como interlocutor único coa Administración
• Tamén destaca que se creará un fondo público-privado pioneiro entre as comunidades autónomas, xa en tramitación na CNMV, e precisa que se van investir case 100 millóns de euros en facilitar liquidez ás empresas e en préstamos e créditos
• Outra das novidades dos Orzamentos de 2024 é que, por primeira vez, activarase unha linha de axuda específica para startups • María Jesús Lorenzana comunicou as liñas estratéxicas do seu departamento nunha xuntanza coa Asociación de Empresarios do Deza
• Rueda destaca que a nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios ten como obxectivo que as empresas galegas “sigan batendo récords de exportacións e abríndose a novos mercados”
• Os novos estímulos en comercio exterior coinciden cun novo teito das exportacións galegas, que de xaneiro a xullo chegaron á cifra histórica de 17.374 millóns de euros
• O presidente da Xunta detalla que as achegas económicas buscan promover actividades “de difusión no exterior”, como campañas publicitarias e asistencia a feiras, co reto de mellorar o posicionamento das empresas galegas no mercado internacional
• Os dous apoios súmanse ao programa Galicia Exporta Dixital, que permite ás pemes avanzar nos seus procesos de internacionalización a través de ferramentas innovadoras
• Rueda precisou que desde a posta en marcha do Galicia Exporta Empresas, no ano 2016, a Xunta ten apoiado “preto de 1.500 plans de promoción internacional”, cunha axuda global de 30,5 M€
• Ademais hai que engadir outros 8,7 M€ e 165 iniciativas promovidas a través do Galicia Exporta Organismos Intermedios
• A directora do Igape, Covadonga Toca, interveu en Santiago na presentación do evento que se levará a cabo entre o 16 e o 18 do vindeiro mes e que contará con delegacións do empresariado galego de Uruguai, Arxentina, Estados Unidos, México, República Dominicana, Brasil, Cataluña e Galicia
• No acto incidiu na importancia da cooperación público-privada, como chave no papel que xogan as asociacións galegas de empresarios do exterior na proxección internacional e na “consolidación da Marca Galicia”
• Covadonga Toca resaltou a relevancia da diversificación para crecer nos mercados exteriores, que no caso do Uruguai ten permitido incrementar as vendas en sectores entre os que sobresaen o agroalimentario e a automoción
• Na súa intervención para presentar o encontro cuxo lema será `Un camiño de integración e oportunidades´remarcou que as vendas ao exterior dirixidas ao Uruguai seguen “unha liña claramente ascendente”, cunha alza do 47,8% no último lustro ata acadar os 30 M€
. O obxectivo é incentivar a demanda, atraer nova clientela aos establecementos de proximidade e contribuír a reducir o impacto da inflación nas familias
. Desde esta semana pode empregarse o Bono Activa da Xunta nos comercios adheridos, que xa superan os 4.000 Nesta convocatoria prevense mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas, co estímulo de descontos de entre 5 e 15 euros por compra
. O programa de apoio ao sector do comercio e ás familias xa mobilizou preto de 54 millóns de euros desde a súa posta en marcha en 2021, e favoreceu máis de 950.000 transaccións
. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, lembra que as dúas Administracións levan tempo traballando e avanzando na posta en marcha desta iniciativa con efectos económicos moi beneficiosos para a comarca da Baixa Limia
. O proxecto xa conta cunha proposta arquitectónica que establece unha zona termal interior e outra exterior, un espazo para servizos de hostalería e área de estacionamento de vehículos
. O futuro centro termal, situado á beira do encoro das Conchas, incorporará a Bande á lista de destinos termais, sector no que Galicia xera o 20% da oferta de España, con preto de 150.000 turistas en 2022
.Lorenzana destacou en Bande os beneficios da Lei de aproveitamento lúdico de augas termais, na que Galicia foi pioneira, xa que potenciará un crecemento ordenado e seguro do sector
. A conselleira enxalza a liña de axudas bianual que a Xunta volveu convocar este ano para o acondicionamento e mellora dos espazos termais de uso recreativo existentes na Comunidade, con apoios de ata 200.000 euros por proxecto