Últimas Noticias

Consellería de Economía, Industria e Innovación

A XUNTA REIVINDICA O GALEGUISMO INTEGRADOR PARA AFRONTAR OS RETOS DO COMPLEXO CONTEXTO ACTUAL

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salienta que no complexo escenario que estamos a vivir “é máis importante que nunca integrar, sumar o esforzo de todas as administracións e institucións, o tecido produtivo e a sociedade para acadar o obxectivo da recuperación e o crecemento sustentable”.

— Na cerimonia de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2022, outorgados pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat), eloxiou o labor dos diferentes profesionais e entidades “que contribúen a levar o nome de Galicia polo mundo”.

— Conde destaca o traballo de Aega-Cat por “saber fusionar o talento, a capacidade para emprender e a visión de negocio coas oportunidades que Cataluña ofrece”.

— Os Títulos de Excelencia Galega desta edición recaeron no presidente do Grupo Coren, nas investigadoras María de la Fuente Freire e Ana María Freire Veiga, en Cogami, no fotógrafo Manuel Outomuro, no ex ciclista Álvaro Pino e no director xeral da CRTVG, mentres que o Título Extraordinario de Excelencia Galega rendeu homenaxe ao finado conselleiro Valeriano Martínez.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reivindicou o galeguismo integrador como fórmula para afrontar os retos do contexto actual. Así o manifestou na entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2022, outorgados pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat).

Conde asegurou que no complexo escenario que estamos a vivir é máis importante que nunca integrar, sumar o esforzo de todas as administracións e institucións, o tecido produtivo e a sociedade para acadar o obxectivo da recuperación e o crecemento sustentable.

Con estes premios, a Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña recoñece o labor de diferentes profesionais ou entidades que, como sinalou o vicepresidente primeiro da Xunta, contribúen a levar o nome de Galicia polo mundo. Nesta edición os galardoados foron o presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez-Franqueira; as investigadoras María de la Fuente Freire e Ana María Freire Veiga (ver entrevista); a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami); o fotógrafo Manuel Outumuro; o ex ciclista Álvaro Pino; e o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo. Ademais, outorgouse o Título Extraordinario de Excelencia Galega ao finado conselleiro de Facenda Valeriano Martínez.

Francisco Conde recoñeceulles a todos os premiados a súa contribución a facer Marca Galicia. E, do mesmo xeito, eloxiou o labor de Aega-Cat por “saber fusionar o talento, a capacidade para emprender e a visión de negocio coas oportunidades que Cataluña ofrece”.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia