Busca en nuestra página

— Este novidoso programa contará cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, identifica a transición ecolóxica como “unha oportunidade para o crecemento sostible”.

— Salienta que Galicia está asumindo os compromisos do Pacto Verde Europeo e cita proxectos industriais de calado como os de Altri e Nervión Naval Offshore ou o da planta de hidróxeno verde das Pontes.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde destaca que o novo modelo industrial ao que aspira Galicia ten como fonte de inspiración o coñecemento, a innovación, a sostibilidade e o talento. Así o manifestou na súa recente intervención no I Foro de Sostibilidade organizado por APD e celebrado en Santiago de Compostela.

Conde argumenta que a sostibilidade xa supón unha vantaxe competitiva e un novo reto para as empresas, polo que Galicia está asumindo os obxectivos do Pacto Verde Europeo. Un compromiso que se está levando a cabo a través de proxectos industriais que a Comunidade ten nestes momentos en carteira como a fábrica de fibras téxtiles de Altri, a planta de hidróxeno verde das Pontes ou a planta de ensamblaxe de estruturas de eólica mariña flotante de Nervión Naval Offshore, entre outras iniciativas.

Así, Galicia camiña cara a un novo modelo industrial para afrontar a transición ecolóxica como unha oportunidade para o crecemento sostible. Unha mostra é a nova liña de axudas que o Goberno galego vai poñer en marcha este ano para apoiar o desenvolvemento de proxectos de economía circular, optimización de recursos e materias primas e aproveitamento de residuos. Trátase dun programa que contará cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid