Busca en nuestra página

— Os traballos premiados nesta terceira edición foron un proxecto para o control de bacterias multirresistentes e unha vacina contra a leishmaniosis canina

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, resalta que os Premios Zendal “fan posible que Galicia cumpra co seu compromiso co benestar social das persoas”

— Sinala como obxectivo facer da Comunidade galega “un lugar de referencia mundial para o desenvolvemento e proba de novas oportunidades científico-tecnolóxicas”

— Conde salientou que Galicia, que é a segunda Comunidade máis bioemprendedora de España, conta coa Estratexia de consolidación do sector biotech, á que se destinan 430 millóns de euros de fondos públicos ata 2025.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou durante a entrega en Vigo dos III Premios Zendal que estes galardóns “fan posible que Galicia cumpra co seu compromiso co benestar social das persoas”. Neste sentido, lembrou que unha das prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia é orientar os esforzos da I+D+i cara ós retos da sociedade en eidos como a saúde, pero tamén na alimentación e no envellecemento activo.

O obxectivo é facer da Comunidade un lugar de referencia mundial para o desenvolvemento e proba de novas oportunidades científico-tecnolóxicas.

Tal e como explicou o vicepresidente primeiro, Galicia -que é a segunda Comunidade máis bioemprendedora de España- conta coa Estratexia de consolidación do sector biotech, á que se destinan 430 millóns de euros de fondos públicos ata 2025. O Goberno galego ten claro que apostar pola I+D+i é a resposta e a oportunidade para alcanzar todos os retos do contexto actual, polo que se seguirá traballando na colaboración público-privada e no impulso dun marco de desenvolvemento profesional atractivo na Administración galega que estabilice a carreira investigadora.

Francisco Conde felicitou ao Grupo Zendal por esta iniciativa que dá visibilidade ao labor dos investigadores e puxo en valor os traballos premiados: un proxecto para o control de bacterias multirresistentes, unha vacina contra a leishmaniosis canina, o labor da plataforma One Healht e a traxectoria do doutor Ángel Carracedo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid