Busca en nuestra página

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, fixa como obxectivo “que a ciencia excelente galega teña un impacto positivo na competitividade económica e no benestar social”

— En liña coas prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), lembra que a transferencia de coñecemento é a vía para atopar solucións aos retos da transición enerxética e dixital

— Unha das principais novidades do Ignicia é a creación du comité asesor para consolidar o programa e principiar novos desafíos

— Francisco Conde eloxiou no Foro Ignicia 2023 a boa evolución do ecosistema galego, no que o número de investigadores creceu case un 22% entre 2017 e 2021, e no que a investigación medra o dobre que a media española desde 2014.

— Nos últimos cinco anos creáronse en Galicia 104 spin-offs, o que representa máis do 10% das novas constitucións rexistradas no conxunto de España

— Desde a súa posta en marcha, o programa Ignicia apoiou 23 proxectos, dos que 12 están no mercado mediante tres acordos coa gran industria e nove licenzas, co resultado de máis de 100 empregos de alta cualificación e a captación de 13 millóns de euros de investimento

— A convocatoria deste ano, dotada con 4 millóns de euros, mantén aberto o prazo ata o vindeiro 28 de febreiro

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu na Coruña ao Foro Ignicia 2023 onde subliñou que a esencia deste programa é lograr que a ciencia excelente que se produce en Galicia teña un impacto positivo na competitividade económica e no benestar social.

Na xornada abordouse un dos principais retos do ecosistema de I+D+i, que é sacar a ciencia dos laboratorios e conseguir que ese coñecemento chegue ao mercado e ao tecido produtivo transformándose en valor económico e social. Neste sentido, a transferencia de coñecemento é unha das prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e é a vía para atopar solucións a retos vinculados á transición enerxética e dixital. Desafíos para os que a cidade da Coruña goza dunha importante posición como sede da futura Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial.

Conde puxo en valor o ecosistema galego, no que hai máis persoal que nunca -cun incremento dos investigadores en preto dun 22% entre 2017 e 2021-; cun crecemento desde 2014 da investigación de case o dobre que a media española; ou coa creación de 104 spin-offs nos últimos cinco anos (máis do 10% de toda España).

COMITÉ DE EXPERTOS

Para continuar nesta senda, o vicepresidente económico explicou que unha das principais novidades do Ignicia é a creación dun comité asesor, con profesionais de recoñecida valía, o que permitirá consolidar o programa e dar un salto de calidade para aspirar a novos obxectivos.

Na cita do Foro Ignicia 2023, Francisco Conde explicou que desde a posta en marcha deste programa apoiáronse 23 proxectos dos que 12 xa están no mercado a través de tres acordos coa gran industria e nove licenzas das spin off creadas. En total supuxeron a creación de máis dun cento de empregos de alta cualificación e a captación de 13M€. A estes proxectos haberá que sumar o apoio que recibirán oito novas propostas na convocatoria que pechará o 28 de febreiro e que está dotada con 3,96M€.

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia