Busca en nuestra página

— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, presentou de xeito agrupado as liñas de fomento da I+D+i no Networking Galicia Empresa sobre o valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

— O mapa galego de axudas neste eido cobre todas as etapas, desde a contratación de persoal e a internacionalización ata a colaboración entre os axentes do ecosistema galego ou o fortalecemento dos centros tecnolóxicos e de coñecemento

— Entre as convocatorias abertas na actualidade, o programa de Bonos de innovación destina un millón de euros para acompañar a pemes e microempresas nos primeiros pasos da posta en marcha de proxectos innovadores

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou durante a súa participacuión no Networking Galicia Empresa sobre O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial que o mapa de axudas que a Xunta de Galicia ten a disposición do tecido empresarial en materia de I+D+i suma 38 instrumentos de apoio cos que se prevé mobilizar 400 millóns de euros.

Este documento, que é resultado do traballo da Comisión Interdepartamental de I+D+i que agrupa a todas as consellerías do Goberno galego, estase dando a coñecer nun ciclo de encontros como o celebrado esta semana en Santiago de Compostela, para informar polo miúdo destas liñas de apoio que por primeira vez se presentan de forma conxunta.

Tal e como subliñou o vicepresidente primeiro, o mapa galego de axudas está estruturado en base ás prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e cobre todas as etapas da I+D+i, desde a innovación empresarial ata a contratación de persoal, pasando pola proxección exterior e a internacionalización e abordando tamén a colaboración entre os axentes do ecosistema galego de I+D+i e o fortalecemento dos centros tecnolóxicos e de coñecemento.

BONOS DE INNOVACIÓN

No encontro, no que achegaron as súas experiencias representantes das empresas Idero Tech, do grupo Dimensiona; Errecé Láser; Intacta Gestión Ambiental e Syspro, o vicepresidente primeiro lembrou que entre as convocatorias abertas actualmente está o programa de Bonos de innovación, que busca mobilizar un millón de euros axudando a pemes e micropemes nos seus primeiros pasos de posta en marcha dun proxecto innovador.

A mellora da función loxística motiva unha gran parte do esforzo que o tecido empresarial está facendo pola dixitalización e a automatización de procesos e pola innovación. Un dos asuntos que pon en primeiro plano a función loxística na xestión empresarial é o crecemento continuado do comercio electrónico, e aí é onde entran en xogo as TIC, asegurándose a optimización de custos e a eficiencia, a anticipación e sobre todo unha resposta áxil cara ao cliente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid