Busca en nuestra página

― O presidente da Xunta participou en Santiago na xornada “Diálogos co sector bancario para o progreso económico e social”

― Asegurou que a estabilidade política, institucional e económica que ofrece Galicia permitiu recuperar os niveis de PIB prepandemia medio ano antes que a media de España, batir récord de exportacións no primeiro semestre de 2023 e intensificar o crecemento

― Alfonso Rueda salienta que o Goberno autonómico aposta por dar “garantías e certezas” ao tecido empresarial a través da pioneira lei de simplificación administrativa ou da Axenda Financeira, dotada este ano con 140 millóns de euros para apoiar proxectos industriais

― Urxiu ao Goberno central ao desbloqueo dos fondos Next Generation para non poñer en xogo “proxectos moi potentes que están esperando este financiamento” e lamentou que “o país máis descentralizado de Europa teña o sistema de xestión de fondos europeos máis centralizado”

― Na xornada co sector bancario, vinculou o progreso económico e social co traballo conxunto de empresas, sector financeiro e Administración

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou nun acto co sector bancario en Santiago o papel do tecido empresarial e financeiro no progreso económico e social da comunidade e na construción dunha “Galicia emprendedora e potente” que atrae investimentos para desenvolver proxectos industriais claves. “Non se progresará socialmente se a economía non funciona e o primeiro deber da economía ten que ser o progreso social”, indicou durante a apertura da xornada ‘Diálogos co sector bancario para o progreso económico e social’, na que tamén participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

Rueda asegurou que para avanzar cara unha sociedade máis próspera é preciso o traballo conxunto das empresas-“son as que xeran riqueza”, indicou-, do sector bancario -que participa en moitos proxectos sociais e económicos e facilita a financiación doutros- e da Administración. “A nosa obriga é xerar contornos para xerar esa riqueza e crecemento”, subliñou.

Nesta liña, o presidente asegurou que a Xunta promove os investimentos na comunidade ofrecendo unha estabilidade política, institucional e económica que permitiu que Galicia recuperase os niveis de PIB prepandemia medio ano antes que a media nacional, batese novo récord de exportacións no primeiro semestre de 2023 ou mostrase un claro crecemento nese mesmo período.

Ademais, tal e como explicou Alfonso Rueda, o Goberno autonómico aposta por dar garantías e certezas ao tecido empresarial a través da pioneira lei de simplificación administrativa -que permite reducir á metade os prazos dos trámites para poñer en marcha un proxecto- ou da Axenda Financeira, que este ano conta con 140 millóns de euros para apoiar iniciativas industriais.

O presidente da Xunta asegurou que Galicia ten por diante un futuro prometedor, xa que as previsións máis inmediatas apuntan a que a Comunidade pechará o ano crecendo de forma consistente e estanse promovendo novos proxectos industriais que van ser estratéxicos para a economía galega. Sobre este aspecto, remarcou que moitos deles aínda están pendentes de confirmar que recibirán financiamento dos fondos europeos. “Hai que desbloquear os Next Generation canto antes porque hai proxectos moi potentes esperando este financiamento”, indicou para subliñar que “nos xogamos moito” e lamentar que “o país máis descentralizado de Europa teña o sistema de xestión de fondos europeos máis centralizado”.

 

Rueda saúda a Francisco Botas en presencia de Juan Carlos Escotet

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid