Busca en nuestra página

― María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación, encabeza unha delegación na que participan unha vintena de empresas galegas

― A viaxe coincide co 30 aniversario do inicio da Quincena de Galicia en México que promove a cadea de retail Palacio de Hierro, o que constitúe unha oportunidade para promocionar produtos galegos e reforzar a Marca Galicia no mercado mexicano

― Nos vindeiros días a conselleira desenvolverá unha axenda de visitas a varias empresas de orixe galega, coñecerá o labor da antena do Igape e manterá encontros o nivel institucional

― Durante a primeira xornada de estadía no país, a conselleira visitou as instalacións de Carrocerías Halcón, do Grupo Marsan, provedora do sector da automoción con 45 anos de traxectoria

― México capta a terceira parte das exportacións galegas que poñen rumbo a América e, en xuño, foi o décimo terceiro país do mundo con maior peso na demanda de produtos galegos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, encabeza unha misión comercial a México co obxectivo de seguir estreitando as relacións comerciais entre Galicia e o país norteamericano e explorar novas oportunidades para o tecido empresarial galego. A economía mexicana capta a terceira parte das exportacións galegas dirixidas a América, o segundo maior volume no continente e a escasa distancia de Estados Unidos. No mes de xuño (dato máis recente), foi o décimo terceiro páis do mundo con máis importacións de produtos galegos.

A viaxe institucional e empresarial, na que participan máis dunha vintena de empresas galegas, coincide coa conmemoración do 30 aniversario da celebración, en 1992, da primeira Quincena de Galicia en México no Palacio de Hierro, grupo mexicano da cadea de retail. A idea, polo tanto, é aproveitar a reedición deste evento para promocionar os produtos galegos e posicionar a Marca Galicia no mercado mexicano.

VISITAS A EMPRESAS GALEGAS E A ANTENA DO IGAPE

Neste contexto, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, ademais de asistir a este acto de aniversario, vai ter ocasión estes días de desenvolver unha axenda de visitas a varias empresas galegas implantadas en México, coñecer a antena do Igape e manter diversos encontros a nivel institucional.

No seu primeiro día de estadía no país, tivo ocasión de visitar as instalacións da compañía Carrocerías Halcón, do Grupo Marsan, unha das principais provedoras do sector da automoción con 45 anos de traxectoria. Desta empresa, Lorenzana eloxiou a súa capacidade de adaptación, a través da innovación, ás novas demandas do mercado.

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia