Busca en nuestra página

• Na visita ás instalacións da empresa galega Aludec, a conselleira de Economía, Industria e Innovación precisou que a industria do automóbil é un dos sectores que reúne máis posibilidades para o crecemento das relacións comerciais con México

• A automoción galega mantivo no último lustro un auxe de exportacións con destino ao mercado mexicano, cun valor económico de 102,5 millóns de euros en 2022

• Lorenzana puxo a Aludec como exemplo da aposta do sector por incrementar a fabricación de produtos de alto valor engadido desde a innovación nos procesos industriais

• A conselleira participou na reunión do Consello Consultivo para o Investimento do Estado de Puebla, onde fixo referencia á política da Xunta para a atracción de investimentos e ás oportunidades que xerará a transición enerxética

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación, destacou o posicionamento que está logrando a automoción galega no mercado mexicano grazas á súa capacidade para ampliar a oferta de servizos da industria a partir da innovación tecnolóxica. Seguindo coa súa rolda de visitas a empresas galegas afincadas no país norteamericano, Lorenzana puxo como exemplo a Aludec, provedor internacional do sector da automoción, cuxas instalacións tivo a oportunidade de coñecer. Segundo dixo, trátase dunha compañía que leva décadas centrada en incrementar a fabricación de produtos de alto valor engadido incorporando novos procesos industriais para a produción e o deseño de compoñentes orixinais de decoración exterior e interior dos vehículos. Durante a súa visita ás instalacións, puxo en valor a capacidade de Aludec para ofrecer unha ampla cobertura a todo o mercado norteamericano coas súas plantas en Puebla e Estados Unidos. E, nese sentido, remarcou que constitúe un exemplo de como o sector galego da automoción se abre portas no mercado internacional co aval de innovación. A industria do automóbil, tal e como lembrou a conselleira, é un dos ámbitos onde máis posibilidades existen para seguir ampliando as relacións comerciais con México. De feito, no último lustro a tendencia das exportacións do sector galego da automoción cara ao país norteamericano foi crecente e o ano pasado situouse nos 102,5 M€.

CONSELLO CONSULTIVO PARA O INVESTIMENTO DO ESTADO DE PUEBLA

A titular de Economía, Industria e Innovación participou, tamén, na reunión do Consello Consultivo para o Investimento do Estado de Puebla. Alí, Lorenzana puxo en común a política de atracción de investimentos que está seguindo Galicia e as oportunidades que vai xerar a transición enerxética para apostar por sectores de alta tecnoloxía e polas enerxías renovables.

 

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia