Busca en nuestra página

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente e co CEO da compañía, que conta con instalacións produtivas en Ponferrada

• Emobi Industries proxecta un investimento en Galicia para fabricar armazóns metálicas para sectores como a eólica mariña e a terrestre, eidos nos que a Comunidade galega ten a oportunidade de posicionarse

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente do grupo Emobi, Miguel Ángel Díaz, e co seu CEO, Guillermo Bergareche, para coñecer os proxectos nos que está a traballar esta empresa con miras a implantarse en Galicia.

Deste xeito, segundo lle explicaron á titular de Industria no encontro, Emobi Industries aspira a desenvolver un proxecto para a fabricación de armazóns metálicas para distintos sectores como a eólica mariña e a terrestre, eidos nos que Galicia ten a oportunidade de posicionarse.

O grupo conta con experiencia no sector, con instalacións como a de Ponferrada dedicada á construción de estruturas eólicas, pero tamén con centros para a fabricación de estruturas metálicas con proxectos para estadios de fútbol, hospitais ou espazos comerciais. De feito rexistrou un forte crecemento na súa capacidade produtiva e nos seus volumes de facturación.

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia