Busca en nuestra página

. O obxectivo é incentivar a demanda, atraer nova clientela aos establecementos de proximidade e contribuír a reducir o impacto da inflación nas familias

. Desde esta semana pode empregarse o Bono Activa da Xunta nos comercios adheridos, que xa superan os 4.000 Nesta convocatoria prevense mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas, co estímulo de descontos de entre 5 e 15 euros por compra

. O programa de apoio ao sector do comercio e ás familias xa mobilizou preto de 54 millóns de euros desde a súa posta en marcha en 2021, e favoreceu máis de 950.000 transaccións

Os clientes do comercio galego de proximidade xa poden descargar e empregar desde esta semana o Bono Activa Comercio, ao que a Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 2,5 millóns de euros co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela aos establecementos de proximidade.

A iniciativa, coa que se prevé mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas, ten tamén por obxectivo contribuír a reducir o impacto da inflación das familias. Cada persoa poderá descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos, que suman xa máis de 4.000.

Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. Só se permitirá descargar un único bono por persoa, e o importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 corresponderalle un desconto de 5 euros.

A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Como na edición anterior deste mesmo ano, non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos (un por persoa), senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar. Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga e uso por parte dos consumidores ata o 31 de decembro, salvo esgotamento previo do orzamento destinado. Pola súa banda, os comercios que se queiran adherir a esta iniciativa poderán facelo ata o 15 de decembro.

REPERCUSIÓN POSITIVA

Con esta nova edición a Consellería de Economía, Industria e Innovación amosa o seu compromiso tanto co comercio local como coas persoas consumidoras convocando este programa que sempre tivo unha repercusión moi positiva. De feito, desde a súa posta en marcha no ano 2021 xa se mobilizaron preto de 54 M€ neste sector, favorecendo máis de 950.000 transaccións nos establecementos comerciais.

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia