Busca en nuestra página

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación adianta que os Orzamentos da Consellería para 2024 soben por riba da media e superarán os 430 millóns de euros

• En liña co anunciado polo presidente da Xunta no Debate do Estado da Autonomía, María Jesús Lorenzana subliña a posta en marcha dun plan de aceleración de proxectos industriais e a creación dunha oficina económica para toda Galicia como interlocutor único coa Administración

• Tamén destaca que se creará un fondo público-privado pioneiro entre as comunidades autónomas, xa en tramitación na CNMV, e precisa que se van investir case 100 millóns de euros en facilitar liquidez ás empresas e en préstamos e créditos

• Outra das novidades dos Orzamentos de 2024 é que, por primeira vez, activarase unha linha de axuda específica para startups • María Jesús Lorenzana comunicou as liñas estratéxicas do seu departamento nunha xuntanza coa Asociación de Empresarios do Deza

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, salientou que os Orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano soben por riba da media, ata acadar máis de 430M€, para acelerar a tramitación administrativa, reforzar o financiamento e impulsar a innovación.

Nunha xuntanza coa Asociación de Empresarios do Deza, Lorenzana detallou as contas da Consellería de Economía, Industria e Innovación para o ano que vén. Unha contas, dixo, que se incrementan un 5 por cento e que teñen como principal obxectivo “dar resposta ás necesidades que teñen as empresas de axilizar as tramitacións administrativas e de eliminar a burocracia”.

Para iso, en liña co que anunciou no Debate do Estado da Autonomía o presidente da Xunta, avanzou que se porá en marcha un plan de aceleración de proxectos industriais e unha oficina económica para toda Galicia como interlocutor único coa Administración, iniciativas que van abranguer un investimento de máis de 6M€. Trátase dun reforzo a nivel tecnolóxico e administrativo para garantir que os proxectos industriais en Galicia se van tramitar no prazo dun ano e que “é clave para dar seguridade ás decisión empresariais e tamén para atraer novo tecido produtivo a Galicia”, subliñou.

FINANCIAMENTO ÁS EMPRESAS

Outro dos puntos fortes dos Orzamentos da Consellería de Economía, Industria e Innovación, será ofrecer financiamento ás empresas, tanto para facilitarlles liquidez como para préstamos e créditos, para o cal se van investir case 100M€. Nesta liña, tamén mencionou o fondo público-privado que vai impulsar a Xunta de Galicia e destacou que vai ser a primeira vez que unha comunidade autónoma pon en marcha un instrumento desde tipo, pola súa composición e dimensións, que xa se está tramitando na Comisión Nacional do Mercado de Valores.

En terceiro lugar, Lorenzana tamén apuntou a aposta pola innovación que recollen as contas do vindeiro exercicio, tan importante para a competitividade do tecido empresarial, puntualizou. Tal e como avanzou, será a primeira vez que a Xunta de Galicia activa unha liña de axudas específica para startups, ademais de proseguir co desenvolvemento dos polos de innovación como é o caso do Polo de Tecnoloxías Cuánticas, e de procurar o binomio coa enerxía para a rebaixa do prezo eléctrico.

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia