Últimas Noticias

Consellería de Economía, Industria e Innovación

Lorenzana pon ao Grupo Malasa como exemplo do nivel de sutentabilidade, innovación e internacionalización acadado pola industria galega

Lorenzana pon ao Grupo Malasa como exemplo do nivel de sutentabilidade, innovación e internacionalización acadado pola industria galega
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación visitou a planta de madeira da empresa de Cerceda, que fixa en Galicia 800 dos 1.000 postos de traballo que xera a súa actividade

  • Eloxia ás empresas que apostan por crecer en Galicia e por demostrar que desde o sector empresarial galego se pode facer “unha industria moderna, unha industria 4.0 e unha industria que xera economía e coñecemento”

  • Lorenzana salienta o dato do IPI, no que Galicia despunta da media nacional, e lembra que en emprego industrial está a superar en dous puntos o promedio estatal

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou a planta de madeira do Grupo Malasa onde puxo de relevo o nivel de sustentabilidade, innovación e internacionalización que xa acada a industria galega.

Nesta visita á sede central de Malasa situada no Polígono Industrial O Acebedo, en Cerceda, Lorenzana enxalzou as empresas que apostan por crecer en Galicia e por crear emprego e benestar para os galegos e galegas. Demostran, dixo, que “desde Galicia se pode facer unha industria moderna, unha industria 4.0 e unha industria que xera economía e coñecemento”.

A conselleira puxo de relevo os datos de produción industrial na Comunidade porque “por primeira vez” Galicia “despunta” da media nacional, abondou, ao crecer 2 puntos en 2023 mentres que no conxunto do Estado se rexistrou un descenso do 0,8%. Do mesmo xeito, tamén se referiu ao emprego industrial, que supera en dous puntos ao promedio estatal, lembrou.

VISIÓN INTERNACIONAL

Sobre o Grupo Malasa, eloxiou a aposta que está a facer para ser practicamente autosuficiente a partir da fotovoltaica e a biomasa. Tamén a súa diversificación de mercados e visión internacional, dixo, porque desde Galicia comercializa os seus produtos en Europa, Asia e, máis recentemente, no mercado americano coa súa filial en México. É unha empresa da que remarcou que, dos 1.000 postos de traballo que xera, 800 están en Galicia.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia