Últimas Noticias

Consellería de Economía, Industria e Innovación

- María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación, encabeza unha delegación na que participan unha vintena de empresas galegas

- A viaxe coincide co 30 aniversario do inicio da Quincena de Galicia en México que promove a cadea de retail Palacio de Hierro, o que constitúe unha oportunidade para promocionar produtos galegos e reforzar a Marca Galicia no mercado mexicano

- Nos vindeiros días a conselleira desenvolverá unha axenda de visitas a varias empresas de orixe galega, coñecerá o labor da antena do Igape e manterá encontros o nivel institucional

- Durante a primeira xornada de estadía no país, a conselleira visitou as instalacións de Carrocerías Halcón, do Grupo Marsan, provedora do sector da automoción con 45 anos de traxectoria

- México capta a terceira parte das exportacións galegas que poñen rumbo a América e, en xuño, foi o décimo terceiro país do mundo con maior peso na demanda de produtos galegos

 

- A conselleira de Economía, Industria e Innovación pon de relevo o papel que vai desenvolver o IGAPE no obxectivo de imprimir celeridade na tramitación administrativa das empresas

- Nun almorzo-coloquio organizado polo Nordés Club Empresarial adiantou que a Xunta vai elaborar un mapa industrial de Galicia a partir de plans directores por sectores para identificar sinerxías entre eles

- María Jesús Lorenzana precisou que a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia busca trasladar aos territorios as ganancias xeradas polas renovables

- Lembrou como obxectivo da Axenda Enerxética de Galicia duplicar a produción eólica e solar ata 2030 e destacou a oportunidade que representan a eólica mariña e o hidróxeno verde “para avanzar no plano loxístico e industrial”

- O presidente da Xunta participou en Santiago na xornada “Diálogos co sector bancario para o progreso económico e social”

- Asegurou que a estabilidade política, institucional e económica que ofrece Galicia permitiu recuperar os niveis de PIB prepandemia medio ano antes que a media de España, batir récord de exportacións no primeiro semestre de 2023 e intensificar o crecemento

- Alfonso Rueda salienta que o Goberno autonómico aposta por dar “garantías e certezas” ao tecido empresarial a través da pioneira lei de simplificación administrativa ou da Axenda Financeira, dotada este ano con 140 millóns de euros para apoiar proxectos industriais

- Urxiu ao Goberno central ao desbloqueo dos fondos Next Generation para non poñer en xogo “proxectos moi potentes que están esperando este financiamento” e lamentou que “o país máis descentralizado de Europa teña o sistema de xestión de fondos europeos máis centralizado”

- Na xornada co sector bancario, vinculou o progreso económico e social co traballo conxunto de empresas, sector financeiro e Administración

- A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou na sinatura do convenio entre o proxecto Julio Verne do Porto de Vigo e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes).

- Prevense actividades conxuntas en I+D+i, en formación e na posta en valor do hidróxeno renovable como vector enerxético.

- A comunidade galega posiciónase estratexicamente para desenvolver todos os segmentos da cadea de valor: produción, almacenamento, transporte e distribución.

- María Jesús Lorenzana lembrou e salientou proxectos en marcha como a factoría de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables nas Pontes e a de Meirama promovida pola propia Reganosa e por Naturgy e Repsol.

• O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Asociación Española de Coxeración (Acogen), que integra 150 asociados de sectores industriais como o da pasta de celulosa, agroalimentación ou materiais de construción

• Aínda que en setembro de 2022 o Goberno central incluíu a coxeración no sistema de compensación do mecanismo ibérico, tal e como se reclamaba desde Galicia, as plantas pecharon 2022 cunha caída de produción do 52%

• No que vai de ano, máis da terceira parte das centrais de coxeración seguen facendo paradas de actividade, en plena incerteza regulatoria

• Moitas delas están preto do final da súa vida útil e aínda descoñecen se o Goberno central decretará unha extensión que lles permita recibir retribución á operación durante máis tempo

• Entre as demandas de Acogen destaca a modificación do prazo de pagamento das retribucións reguladas e a supresión das horas mínimas de operación das plantas e das barreiras á hibridación con fotovoltaicas e eólicas en industrias con infraestruturas de coxeración

• A Xunta, que apoia as reivindicacións do sector, ve necesario tamén que o Goberno central convoque as poxas para a adxudicación dos 1.200 MW de coxeracións que aínda están pendentes

— A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 200.000 euros ao novo convenio con Asime, co obxectivo de promocionar as iniciativas innovadoras galegas neste escaparate sectorial ao que acuden investidores estranxeiros

— Fernando Guldrís, director do Igape, salienta que o acordo de colaboración reforza a aposta do Goberno galego pola innovación, a sustentabilidade e o talento

— O convenio inclúe ademais a celebración dunha rolda de reunións con investidores internacionais para impulsar o financiamento das iniciativas emprendedoras da Comunidade, así como misións comerciais inversas con economías de América do Sur, África e Europa, e con Corea do Sur, país invitado nesta edición de Mindtech, na que contará cunha delegación propia

— Na cita de xuño habilitaranse dous espazos expositivos, o Mindtech Startup Arena, con capacidade para 42 stands e aberto á promoción de empresas galegas, e o pavillón da Xunta, para dar a coñecer as iniciativas da Administración galega

— Fernando Guldrís remarca neste contexto a contribución e resultados da Axenda Startups Galicia 2022-2024, que neste período suma preto de 15 millóns e aspira a crear un centenar de novas empresas e a acelerar 200 startups

— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, participou en Madrid na presentación dos programas de I+D dos novos socios estratéxicos Airbus, Avincis e Telespazio

— Avanzou que a Xunta impulsará dúas convocatorias (en 2023 e 2024) de Compra Privada de Innovación, dotadas con 11,7 millóns de euros

— Conde puxo en valor a colaboración público-privada e enxalzou que a Administración galega pon a disposición do sector “o maior marco de incentivos a través da compra pública de innovación, da compra pública precomercial e agora da compra privada de innovación”

— Desde o ano 2015 xa se mobilizaron preto de 500 millóns de euros de investimento público-privado, 330 millóns nesta segunda fase

— O Polo Aeroespacial de Galicia está a traballar con Airbus, Avincis e Telespazio en estender o uso de vehículos aéreos non tripulados a novos servizos como a prevención de incendios, a vixilancia pesqueira e a atención sanitaria

— Ademais, no ámbito dotacional Avincis e Telespazio desenvolverán infraestruturas avanzadas na observación e vixilancia da biodiversidade, e Airbus instalará en Galicia novos equipamentos, entre eles dous hangares e un centro de excelencia en I+D+i

— Na actualidade, 70 pemes e centros de coñecemento están creando tecnoloxía propia no segmento aeroespacial en Galicia.

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación considera fundamental contar co apoio do Goberno a través dos fondos europeos “para que as empresas poidan desenvolver máis programas” que xeren impacto na transformación do tecido industrial

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia