Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

As empresas do sector forestal poden solicitar ata o 20 de marzo as axudas da liña Xera-tecno, para a compra de nova maquinaria, equipamento e mellora das instalacións

  • Os apoios oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros por beneficiario, dentro dunha convocatoria dotada cun orzamento de 11 millóns de euros
  • Nunha visita á planta da empresa lucense Maderas Besteiro, a conselleira de Economía e Industria precisou que as axudas de Xera-tecno abarcan desde equipos de medición de inventario forestal ata medios para o aproveitamento comercial da castaña ou a resina

Ata o vindeiro 20 de marzo, as empresas do sector forestal-madeira xa poden solicitar as axudas da Xunta de Galicia para a adquisición de nova maquinaria, equipamento e para o acondicionamento de instalacións. Trátase da terceira liña de apoios que ten aberta a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), denominada Xera-tecno e que ascende a 11 millóns de euros, con axudas máximas que oscilan entre os 200.000 e os 50.000 euros por empresa beneficiaria.

Nunha visita á firma lucense Maderas Besteiro, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, informou que as axudas xa están dispoñibles desde o 20 de febreiro e detallou que a convocatoria establece cinco liñas: para a compra da maquinaria necesaria para realizar tratamentos silvícolas (podas, desbastes e rareos); para o acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa e a compra de maquinaria para a corta e desembosque de madeira; para adquirir equipamentos para o aproveitamento comercial da castaña ou a resina; para a primeira transformación da biomasa e da madeira, onde se inclúen equipos portátiles para a clasificación estrutural da madeira e maquinaria e instalacións de primeira transformación, entre outros; e como quinta opción, para medición, rastrexabilidade e caracterización da madeira obxecto de aproveitamento, na que se inclúen equipos de medición de inventario forestal, vehículos aéreos non tripulados, e os seus accesorios, como cámaras LIDAR, entre outros.

Ao referirse á traxectoria de Maderas Besteiro, María Jesús Lorenzana destacou que “é unha empresa representativa do que supón investir, transformar a industria e, sobre todo, modernizala para que cada vez poida ser máis produtiva e poida competir na realidade actual”, dixo. Madeiras Besteiro dá emprego a preto de 100 persoas e afronta agora un novo salto industrial, con investimentos próximos aos 4 millóns de euros destinados a automatización, eficiencia enerxética e mellora da seguridade industrial, cunha aposta clara pola construción en madeira.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia