Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Logo do retiro de traballo mantido en Meis (Pontevedra) durante a fin de semana, enxalzou que a Comunidade conta “cun Goberno de palabra que cumpre cos seus compromisos” e que seguirá a apostar “por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”
  • O presidente da Xunta avanzou que o vindeiro ano nacerá a Fundación Galtia, para atraer talento, arrincarase coa Fábrica de Intelixencia Artificial e xurdirá o primeiro centro de protonterapia da sanidade pública en España
  • Outro fito será o de chegar aos 100.000 dependentes atendidos, “se non o impide o recurso presentado polo Goberno central ao plan de choque para a dependencia impulsado pola Xunta, e que supón un risco certo de bloqueo”, advertiu Rueda
  • Tamén matizou que a Xunta vai continuar co plan de repotenciación dos parques eólicos “se o Goberno central non o impide con ese recurso incomprensible que formulou para despois sacar unha normativa que reproduce practicamente o que nós queriamos facer aquí e non nos deixan”
  • No 2026 seguirase a construír o Camiño do Litoral, desde Ribadeo ata A Guarda, remataranse as obras das estacións intermodais da Coruña e de Lugo, e avanzarase nas vías de Alta Capacidade Tui-A Guarda, Nadela-Sarria, Brión-Noia, na da Costa da Morte, na Variante de Viveiro e na vía rápida ata A Lanzada

  • Apuntou que “en Galicia estamos no bo camiño”, ao acompañar a confianza no talento galego con “recursos, traballo e planificación” ao servizo do ecosistema emprendedor
  • O presidente da Xunta destacou a próxima ampliación da rede de aceleradoras galegas, que en 2026 chegará tamén ás enerxías renovables e á saúde e benestar
  • Ao remarcar “a visión e valentía” de Unirisco, primeira empresa de capital risco xurdida dunha universidade en España, dixo que o seu exemplo constata que “investir en ciencia e coñecemento non só é preciso, senón que tamén é rendible”

  • A conselleira de Economía e Industria enxalza que a Comunidade, que “xa foi pioneira no desenvolvemento da enerxía eólica”, tamén o está a ser agora “ao abrir o debate da repotenciación a nivel nacional”
  • Considera “incoherente” o recurso presentado polo Goberno contra o novo modelo eólico de Galicia e a normativa de repotenciación, e pídelle que o retire
  • Coa repotenciación planificada en Galicia, en dez anos retiraríanse da paisaxe galega 2.000 aeroxeradores duns 98 parques e habería menos de 700 muíños, detalla Lorenzana.
  • Incide en que cunha redución do 80% no número de aeroxeradores instalados lograríase un 35% máis de enerxía eléctrica procedente de fontes eólicas
  • “É necesario que os cidadáns entendan que non é suficiente a enerxía eléctrica que agora mesmo se está producindo”, xa que electrificar a industria e os consumos require “que se acompañe de máis produción de enerxía eléctrica verde”, argumenta a conselleira

  • Destacou o potencial mineiro galego que, en dous anos, pasou de representar o 8,2% ao 9,5% do valor de produción en España, e resaltou o feito de ser a segunda Comunidade que máis emprego directo xera na minería, 3.711 postos de traballo, un 10% máis que en 2021
  • A conselleira de Economía e Industria trasladou a este foro sectorial a Lei de recursos naturais, da que enxalzou o obxectivo de “que en Galicia sexamos quen de repercutir os beneficios dos nosos propios recursos”, o que tamén afecta á minería de forma directa.
  • María Jesús Lorenzana plantexou a necesidade dunha menor complexidade na tramitación administrativa e recoñeceu as dificultades adicionais pola normativa europea: “Non é de recibo que nos esteamos congratulando de que tramitar un proxecto leve case 30 meses”, precisou.

  • Define como “irresponsabilidade absoluta” que o Goberno aprobe esta norma cando hai poucas semanas presentou un recurso de inconstitucionalidade “contra Galicia” polo mesmo que agora regula para o conxunto do país
  • “Agora demóstrase que, efectivamente, era un recurso de inconstitucionalidade do señor Sánchez contra Galicia” porque “o que regula a Xunta é inconstitucional, mentres que o Consello de Ministros pode regulalo para toda España”, abonda Lorenzana
  • A conselleira de Economía e Industria critica a “dobre moral” do Goberno e afirma que “é unha mostra máis da falta de rigor e de responsabilidade que ten coas Comunidades autónomas”

  • O presidente da Xunta e o de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, participaron en Lugo no `II Foro Ancares: os retos do Noroeste´
  • Alfonso Rueda remarcou que a vivenda é “un problema de primeiro orde” fronte ao que hai que “ser prácticos” e precisou que o obxectivo do Goberno galego é duplicar nesta lexislatura o parque público, ata as 8.000 vivendas, estando xa en marcha preto de 3.000
  • Tamén incidiu na aposta da Xunta por promover a investigación e innovación galega (I+G+i), e avanzou que esta semana iniciouse a tramitación da nova Lei de ciencia e innovación
  • No ámbito das autoestradas, lembrou que en Galicia se seguen pagando unhas peaxes inxustas mentres se levantan noutros territorios, e subliñou a importancia de que se avance no Corredor Atlántico
  • O titular da Xunta reafirmou o compromiso galego cun turismo “sostible e responsable”, e avogou pola desestacionalización e por estendelo a distintas zonas
  • Volveu a lamentar a discriminación que sofre a provincia de Lugo tanto no eido da planificación eléctrica, que impide o desenvolvemento de novas industrias, como no das infraestruturas

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, salientou no XI Maker Faire Galicia o papel da innovación e do talento creativo como motores da transformación industrial de Galicia
  • Definiu a innovación, a creatividade e a tecnoloxía como “as mellores ferramentas para avanzar cara a unha industria máis competitiva, sostible e comprometida coas persoas”
  • Toca Carús destacou a consolidación de Galicia entre as rexións máis innovadoras, tal e como acredita a posición ascendente no Regional Innovation Scoreboard 2025 da Comisión Europea, cunha mellora do 16,7% en rendemento desde 2020
  • Lembrou que o Igape lanzou recentemente unha nova convocatoria de axudas para apoiar os gastos iniciais de proxectos innovadores, ao tempo que a Oficina Económica de Galicia ofrece acompañamento e orientación a emprendedores e empresas
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia