O director de Xera, Alfredo Fernández, destaca as posibilidades que se abren tanto en obra nova como en rehabilitación cun elemento “que vai xogar un papel fundamental para axudar no proceso de descarbonización da edificación”
O convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia formou en rehabilitación de estruturas de maderia a máis de 160 profesionais do sector
O `Informe da cadea forestal madeira 2025´, elaborado por Xera en colaboración coa Escola de Enxeñería Forestal da Uvigo, detecta actividade no 95% dos concellos galegos
En 2025, Galicia aproveitou case 11 millóns de metros cúbicos de madeira, o que supón máis do 50% do volume total aproveitado en España
Alfredo Fernández, director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), asegurou na presentación do Informe que Galicia é “unha das rexións europeas máis avanzadas en mecanización de corta e extracción”
Precisou que nalgúns municipios da Comunidade esta actividade chega a representar ata o 50% do emprego industrial, “reforzando o seu papel no reequilibrio territorial”
O director de Xera lembrou que entre 2018 e 2026 o Goberno galego destinou 110,5 millóns de euros para axudas ó sector, cun investimento inducido de 200 millóns
Na clausura da Asociación Galega de Empresa Familiar, agradeceu a estas compañías o seu compromiso co territorio e con trasmitir valores que identifican aos galegos: “A confianza, a estabilidade, a prudencia, a cultura do esforzo e a responsabilidade”
Lembrou que nove de cada dez empresas galegas teñen base familiar, representan o 86% do PIB autonómico e xeran 600.000 postos de traballo en toda a Comunidade
O presidente da Xunta apelou á necesidade de conseguir a competencia para outorgar permisos de traballo vinculados á residencia, xa que “fará que todo sexa máis entendible, máis aceptable e máis beneficioso para todos”
O Goberno galego vén de constituír a Mesa do Diálogo Social para afrontar retos como o absentismo laboral, a cobertura de vacantes ou a remuda xeracional
Business Factory BioTrack (BF BioTrack), Business Factory Energy (BFE) e Business Factory Health&Care (BFHC) nacen co obxectivo de acelerar empresas con alto potencial de crecemento en ámbitos estratéxicos
Enmárcanse na primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028, que mobilizará máis de 400 millóns de euros
Coa súa incorporación, Galicia reforza unha rede pioneira de Business Factory impulsada pola Xunta que xa integra sete aceleradoras moi consolidadas: BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimaTech, BFSport, ViaGalicia e Galicia Avanza
Alfonso Rueda destaca que a rede de aceleradoras consolida a Galicia como a sexta Comunidade con máis empresas innovadoras de España, ao contar con 264 startups, 29 scaleupse 229 pemes, máis de 5.700 empregos xerados e unha facturación anual superior aos 556 millóns de euros
A conselleira de Economía e Industria subliñou que Ourene ten en tramitación, urbanización ou execución máis de 2,7 millóns de metros cadrados en polígonos industriais, cun investimento de 126 millóns de euros
Lorenzana precisou que as obras para ampliar nun 40% a superficie do polígono de Xinzo de Limia xa están rematadas e só pendentes de recepción por parte do Concello
Tamén detallou os avances para o desenvolvemento do Polígono de San Cibrao das Viñas, coa adxudicación das obras de urbanización esta semana, e para a ampliación do parque de Pereiro de Aguiar, que xa conta coa licitación do contrato de expropiación dos terreos
Covadonga Toca: “As empresas galegas exportan cada vez con máis valor engadido, máis capacidade tecnolóxica e maior diversificación de mercados”
A directora do Igape enxalza que a Antena activa en Xapón leva xestionadas preto de trinta solicitudes de servizo de empresas galegas interesadas no mercado nipón
En dous anos impulsou accións vinculadas a feiras internacionais como Foodex Japan, Mindtech, Stonegal ou Conxemar, así como misións inversas e encontros con entidades como Asime e Clusaga ou co sector vitivinícola
Toca Carús detallou que Galicia pechou 2025 cun total de 253 empresas galegas que exportaron a Xapón por valor de 151,6 millóns de euros, un 25% máis que no ano anterior
O Consello da Xunta autorizou unha trintena de actuacións nas catro provincias, ás que o Goberno galego destinará máis de 440 millóns de euros
Alfonso Rueda detallou que a Comunidade galega conta na actualidade con 4.018 parcelas públicas, das que só están dispoñibles unhas 350
Entre as novidades do novo sistema de acceso ao solo empresarial están a oferta pública permanente, de maneira que os terreos que non se vendan pasarán a estar ofertados todo o ano, e a adxudicación directa
Haberá prioridade para as zonas con demanda real, potencial e capacidade para atraer proxectos tractores vinculados á nova política industrial galega
Para este ano xa está prevista a disposición de novo solo no parque empresarial de Morás (Arteixo), no polígono de As Gándaras (Lugo) e no parque de Xinzo de Limia
No período 2026-2029 comezarán as obras para a ampliación de oferta en polos como Lalín, A Estrada, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Carballo, Palas de Rei, Xove e Poio-Fragamoreira, entre outros