Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O `Informe da cadea forestal madeira 2025´, elaborado por Xera en colaboración coa Escola de Enxeñería Forestal da Uvigo, detecta actividade no 95% dos concellos galegos
  • En 2025, Galicia aproveitou case 11 millóns de metros cúbicos de madeira, o que supón máis do 50% do volume total aproveitado en España
  • Alfredo Fernández, director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), asegurou na presentación do Informe que Galicia é “unha das rexións europeas máis avanzadas en mecanización de corta e extracción”
  • Precisou que nalgúns municipios da Comunidade esta actividade chega a representar ata o 50% do emprego industrial, “reforzando o seu papel no reequilibrio territorial”
  • O director de Xera lembrou que entre 2018 e 2026 o Goberno galego destinou 110,5 millóns de euros para axudas ó sector, cun investimento inducido de 200 millóns

  • Na clausura da Asociación Galega de Empresa Familiar, agradeceu a estas compañías o seu compromiso co territorio e con trasmitir valores que identifican aos galegos: “A confianza, a estabilidade, a prudencia, a cultura do esforzo e a responsabilidade”
  • Lembrou que nove de cada dez empresas galegas teñen base familiar, representan o 86% do PIB autonómico e xeran 600.000 postos de traballo en toda a Comunidade
  • O presidente da Xunta apelou á necesidade de conseguir a competencia para outorgar permisos de traballo vinculados á residencia, xa que “fará que todo sexa máis entendible, máis aceptable e máis beneficioso para todos”
  • O Goberno galego vén de constituír a Mesa do Diálogo Social para afrontar retos como o absentismo laboral, a cobertura de vacantes ou a remuda xeracional

  • Business Factory BioTrack (BF BioTrack), Business Factory Energy (BFE) e Business Factory Health&Care (BFHC) nacen co obxectivo de acelerar empresas con alto potencial de crecemento en ámbitos estratéxicos
  • Enmárcanse na primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028, que mobilizará máis de 400 millóns de euros
  • Coa súa incorporación, Galicia reforza unha rede pioneira de Business Factory impulsada pola Xunta que xa integra sete aceleradoras moi consolidadas: BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimaTech, BFSport, ViaGalicia e Galicia Avanza
  • Alfonso Rueda destaca que a rede de aceleradoras consolida a Galicia como a sexta Comunidade con máis empresas innovadoras de España, ao contar con 264 startups, 29 scaleups e 229 pemes, máis de 5.700 empregos xerados e unha facturación anual superior aos 556 millóns de euros

  • A conselleira de Economía e Industria subliñou que Ourene ten en tramitación, urbanización ou execución máis de 2,7 millóns de metros cadrados en polígonos industriais, cun investimento de 126 millóns de euros
  • Lorenzana precisou que as obras para ampliar nun 40% a superficie do polígono de Xinzo de Limia xa están rematadas e só pendentes de recepción por parte do Concello
  • Tamén detallou os avances para o desenvolvemento do Polígono de San Cibrao das Viñas, coa adxudicación das obras de urbanización esta semana, e para a ampliación do parque de Pereiro de Aguiar, que xa conta coa licitación do contrato de expropiación dos terreos

  • Covadonga Toca: “As empresas galegas exportan cada vez con máis valor engadido, máis capacidade tecnolóxica e maior diversificación de mercados”
  • A directora do Igape enxalza que a Antena activa en Xapón leva xestionadas preto de trinta solicitudes de servizo de empresas galegas interesadas no mercado nipón
  • En dous anos impulsou accións vinculadas a feiras internacionais como Foodex Japan, Mindtech, Stonegal ou Conxemar, así como misións inversas e encontros con entidades como Asime e Clusaga ou co sector vitivinícola
  • Toca Carús detallou que Galicia pechou 2025 cun total de 253 empresas galegas que exportaron a Xapón por valor de 151,6 millóns de euros, un 25% máis que no ano anterior

  • O Consello da Xunta autorizou unha trintena de actuacións nas catro provincias, ás que o Goberno galego destinará máis de 440 millóns de euros
  • Alfonso Rueda detallou que a Comunidade galega conta na actualidade con 4.018 parcelas públicas, das que só están dispoñibles unhas 350
  • Entre as novidades do novo sistema de acceso ao solo empresarial están a oferta pública permanente, de maneira que os terreos que non se vendan pasarán a estar ofertados todo o ano, e a adxudicación directa
  • Haberá prioridade para as zonas con demanda real, potencial e capacidade para atraer proxectos tractores vinculados á nova política industrial galega
  • Para este ano xa está prevista a disposición de novo solo no parque empresarial de Morás (Arteixo), no polígono de As Gándaras (Lugo) e no parque de Xinzo de Limia
  • No período 2026-2029 comezarán as obras para a ampliación de oferta en polos como Lalín, A Estrada, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Carballo, Palas de Rei, Xove e Poio-Fragamoreira, entre outros

  • Os técnicos do CIS-Madeira prestarán apoio en elementos moi visibles da Catedral, como a balaustrada do cimborrio, a estrutura de madeira da Torre do Reloxo ou na construción dun novo xugo para a campá da Berenguela
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ve na conservación do patrimonio histórico unha moi boa oportunidade para visibilizar a versatilidade estética e a durabilidade da madeira empregada na construción
  • Lembra que o CIS-Madeira, con sede en Tecnópole -no polígono de San Cibrao das Viñas-, tamén está colaborando na rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia