Na presentación dos novos programas do Instituto Galego de Promoción Económica, a conselleira de Economía e Industria precisou que haberá 15 liñas de apoios que sairán publicadas no DOG dos vindeiros 13 e 14 de xaneiro
As axudas xa se poderán solicitar desde este mesmo mes e beneficiarán a milleiros de empresas galegas e autónomos
Vanse estructurar en tres grupos: as de financiamento, que suman 110 millóns de euros; as de competitividade, por importe de 47,3 millóns; e as de innovación, que ascenden a 15,2 millóns
María Jesús Lorenzana destaca que o anticipo das convocatorias facilitará a pemes e autónomos que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer, xa no inicio do exercicio, os apoios públicos cos que poderán contar
Entre as liñas do Igape destacan os préstamos para incentivar a concentración empresarial, os de desenvolvemento tecnolóxico, a nova liña para a implantación da IA nas pemes, as axudas a startups e o programa de atracción de empresas
Os apoios inclúen como novidade unha liña de 10,3 millóns para fomentar o uso da intelixencia artificial nos centros de traballo
Nunha visita ao centro loxístico da empresa familiar Krack, en Cerdedo-Cotobade, reafirmou o compromiso de “apoiar ao tecido empresarial para facilitar o máis rápido posible o solo industrial e facer as tramitacións máis sinxelas”
A conselleira de Economía e Industria precisa que esta liña de apoios, a punto de ser publicada no DOG, permitirá aforrar 4,5 millóns na factura eléctrica do sector empresarial
Como novidades desta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes amplíase de 2 a 8 meses e as axudas diríxense tanto a subvencionar instalacións novas como actuacións para obter un Certificado de Aforro Enerxético
Desde a posta en marcha, hai 11 anos, das axudas para fomentar a eficiencia enerxética nas empresas, aprobáronse 1.640 proxectos, por un importe conxunto de 56 millóns de euros
María Jesús Lorenzana anunciou a nova convocatoria de apoios durante unha visita ao Atendo Senior Living, de Vigo, centro asistencial no que a Xunta participou na rehabilitación integral do edificio
Dependente do Igape, está formada por máis de 100 profesionais de diferentes sectores e opera como unha canle única entre empresas e Administración
Desde o seu inicio de actividade no mes de abril recibiu preto de 14.000 consultas de empresas, autónomos ou emprendedores, e o 82% desas solicitudes foron resoltas no momento
A maior demanda procede dos sectores enerxético, automoción, economía circular, mar-industria, turismo, TIC, loxística, contract e construción
Neste ano 2025, a Xunta abrirá na Casa de Galicia en Madrid a primeira sede exterior da Oficina Económica, co obxectivo de atraer investimentos e de seguir avanzando no proceso de desburocratización
Esta nova liña de apoios será aprobada no vindeiro Consello da Xunta e permitirá que as pemes non tecnolóxicas poidan contratar servizos doutras compañías que incorporen a IA nos seus procesos produtivos
María Jesús Lorenzana precisou que a convocatoria será xestionada polo Igape, desde a súa nova área específica de innovación empresarial, que conta cun orzamento de 60 millóns de euros
Visitou xunto á conselleira María Jesús Lorenzana a central hidroeléctrica que posúe o embalse de maior capacidade de almacenamento e que vén de cumprir 60 anos de historia
O presidente da Xunta referiuse a Belesar como exemplo da aposta polas enerxías limpas e lembrou que Galicia é a terceira Comunidade con maior cota de produción de enerxía verde
Nos dez primeiros meses de 2024, a porcentaxe de xeración renovable representou o 85,7% de toda a enerxía producida en Galicia
Alfonso Rueda considera fundamental que o potencial da Comunidade en renovables se desenvolva de maneira ordenada, con “proxectos que garantan a sostenibilidade ambiental e a preservación do entorno”
Lembrou no Parlamento que as compensacións “deben chegar a ese 25 por cento e mesmo superalo”, tal e como fan outros países da Unión Europea
A conselleira de Economía e Industria volve demandar a modificación do Estatuto Electrointensivo para que recolla axudas ad hoc para este tipo de empresas, e a bonificación de peaxes do 80 por cento con carácter permanente
Critica que, tres días despois de que se cancelase a reunión prevista, a secretaria de Estado de Industria manifestase no Congreso que hai varias solucións para Alcoa enriba da mesa sen concretar ningunha
Respecto aos parques eólicos que han de subministrar enerxía á planta de San Cibrao, Lorenzana lembrou que a Xunta tramitou todos os que lle corresponden, e pide unha solución para os cinco que perderon o permiso de acceso e conexión “pola mala tramitación por parte do Ministerio”