Nun encontro organizado en Santiago por Women in a Legal World (WLW), advertiu que “estamos nun momento en que está en risco a separación de poderes consagrada na Constitución”
A conselleira de Economía e Industria remarcou que “as políticas públicas teñen que nacer da seguridade xurídica, dunha boa planificación, da transparencia e dun profundo respecto pola legalidade e polos dereitos das persoas”
Alerta que en Galicia “existe un problema coa rede de transporte para consumo e, tamén, para evacuación”, ata o punto de paralizar parques eólicos porque non poden evacuar a enerxía eólica que están a producir
A conselleira de Economía e Industria avoga por que se modifique a Lei do sector eléctrico para que a rede funcione como un sistema dinámico e o seu reforzo se faga en función da demanda industrial
A nova planificación eléctrica presentada polo Goberno, “en Galicia solventaría unha parte do investimento industrial previsto se estivese mañá, pero o sistema exixe unhas tramitacións e ata dentro de cinco, seis, sete ou oito anos non imos ver esas subestacións e eses reforzos”, advertiu
O presidente da Xunta comunicou que un estudo feito en colaboración coa Universidade de Santiago sitúa na Comunidade 18 dos 34 elementos identificados como críticos pola UE
Rueda salientou que estes minerais son “unha oportunidade para Galicia” que hai que aproveitar “con prevención e rigor” para “garantir unha explotación sustentable”
A conselleira de Economía e Industria identificou cinco corredores principais destas materias primas: Santiago-Touro-Lalín, Cabo Ortegal-Moeche, Penouta-Forcarei, San Fins-Santa Comba e Vigo-Tui-Porriño.
María Jesús Lorenzana destacou que o estudo indica de maneira concluínte que “Galicia posúe un potencial moi importante” para elementos críticos ao presentar “factores xeolóxicos únicos e un contexto xeopolítico favorable”
Galicia presentou ante autoridades da cidade de Chongquing, polo industrial e unha das principais municipalidades do país, e ante grandes corporacións industriais o potencial dos sectores estratéxicos galegos para abrir novas vías de cooperación
Covadonga Toca, directora do Igape, destaca que esta misión responde ao obxectivo de presentar “unha Galicia moderna, competitiva e aberta ao investimento internacional”
Na delegación galega están representadas actividades dinámicas e exportadoras da economía galega, como o sector agroalimentario, o metalmecánico, a automoción, a saúde e biotecnoloxía, a loxística e transporte, e a tecnoloxía audiovisual e dixital
Tal e como afirmou Covadonga Toca, estes sectores “non só reflicten a diversidade e a forza industrial de Galicia, senón tamén a súa capacidade para competir globalmente e establecer alianzas de alto valor engadido”
O presidente da Xunta enxalzou no XXV aniversario da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) o destacado papel deste tipo de sociedades na boa marcha da economía galega
Puxo en valor que representan máis do 80% do emprego privado de Galicia e que achegan máis do 85% da riqueza xerada, cunha aportación de 40.800 millóns de euros ao PIB galego
Entre as medidas de apoio ao sector, Alfonso Rueda enumerou reducir a burocracia, potenciar o diálogo social e mellorar a formación para o emprego
Logo do retiro de traballo mantido en Meis (Pontevedra) durante a fin de semana, enxalzou que a Comunidade conta “cun Goberno de palabra que cumpre cos seus compromisos” e que seguirá a apostar “por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”
O presidente da Xunta avanzou que o vindeiro ano nacerá a Fundación Galtia, para atraer talento, arrincarase coa Fábrica de Intelixencia Artificial e xurdirá o primeiro centro de protonterapia da sanidade pública en España
Outro fito será o de chegar aos 100.000 dependentes atendidos, “se non o impide o recurso presentado polo Goberno central ao plan de choque para a dependencia impulsado pola Xunta, e que supón un risco certo de bloqueo”, advertiu Rueda
Tamén matizou que a Xunta vai continuar co plan de repotenciación dos parques eólicos “se o Goberno central non o impide con ese recurso incomprensible que formulou para despois sacar unha normativa que reproduce practicamente o que nós queriamos facer aquí e non nos deixan”
No 2026 seguirase a construír o Camiño do Litoral, desde Ribadeo ata A Guarda, remataranse as obras das estacións intermodais da Coruña e de Lugo, e avanzarase nas vías de Alta Capacidade Tui-A Guarda, Nadela-Sarria, Brión-Noia, na da Costa da Morte, na Variante de Viveiro e na vía rápida ata A Lanzada
Apuntou que “en Galicia estamos no bo camiño”, ao acompañar a confianza no talento galego con “recursos, traballo e planificación” ao servizo do ecosistema emprendedor
O presidente da Xunta destacou a próxima ampliación da rede de aceleradoras galegas, que en 2026 chegará tamén ás enerxías renovables e á saúde e benestar
Ao remarcar “a visión e valentía” de Unirisco, primeira empresa de capital risco xurdida dunha universidade en España, dixo que o seu exemplo constata que “investir en ciencia e coñecemento non só é preciso, senón que tamén é rendible”