Este proxecto estratéxico de acuicultura sostible estará ubicado nunha parcela de preto de 20.000 metros cadrados no porto de Burela (Lugo) e creará en torno a cen empregos
O investimento supera os 100 millóns de euros e permitirá situar en Galicia unha planta avanzada de acuicultura moderna, con emprego de tecnoloxías de recirculación de auga que optimizan o consumo, melloran a bioseguridade e reducen o impacto ambiental
A Xunta achega 33,5 millóns de euros, 25 millóns cofinanciados co Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura (Fempa), 5 millóns financiados polo Igape e 3,5 por Xesgalicia
No acordo de financiamento de Seafood Legacy Spain participan a Xunta de Galicia, a través do Igape e XesGalicia, o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Banco Santander e Abanca
Con este proxecto, o Goberno galego reforza o seu compromiso co impulso de sectores estratéxicos como a acuicultura, promovendo iniciativas que combinan innovación, sustentabilidade e xeración de emprego, e contribuíndo a consolidar Galicia como referente europeo na economía do mar
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, defende que Galicia está ante unha oportunidade histórica para ser un referente en materias primas críticas no novo marco europeo
Lembra que os estudos realizados ata o de agora levan identificado no territorio galego recursos significativos de 18 das 34 materias primas críticas definidas pola UE, cun valor económico potencial que supera os 25.000 millóns
Na xornada `De Galicia a Europa: marco normativo e tramitación administrativa para unha minería estratéxica´, celebrada en Santiago, foi presentado o VI Congreso Internacional Mining and Minerals Hall, no que Galicia será a Comunidade convidada
Neste encontro, no que participaron os conselleiros María Jesús Lorenzana e José González, o presidente da Xunta trasladoulle a Bernardo Greiver o interese polo reforzo das relacións comerciais, culturais e turísticas
Está previsto potenciar a promoción das rutas xacobeas no país suramericano, con iniciativas como a Semana do Camiño
Unhas 280 empresas galegas exportan os seus produtos ou servizos ao Uruguai, cun volume de negocio que en 2025 alcanzou os 20,5 millóns de euros
Lorenzana remarcou á finalización da reunión da Mesa de Apoio Loxístico á Empresa, convocada polo Igape, que a principal preocupación dos sectores afectados é a suba dos custos loxísticos e dos carburantes
A conselleira de Economía e Industria considera “crucial que o Goberno se reúna coas comunidades autónomas e expoña as súas propostas, tendo en conta que España forma parte, conversa e decide no bloque comercial único que é a UE”
Na primeira reunión da Mesa púxose de manifesto que a situación internacional está a provocar reaxustes nas rutas marítimas, incrementos nos fretes e a aplicación de recargos vinculados ao contexto internacional
Tamén se advertiu dun aumento da conxestión portuaria e da necesidade de reforzar os stocks, ante posibles incumprimentos nos prazos de entrega por parte das navieiras
O Igape realizará unha toma de datos nos vindeiros quince días, con aportacións desde a súa antena en Dubai, que permanece operativa, e xa está a monitorizar a situación e os efectos do conflicto nos sectores prexudicados
Rueda destaca que o obxectivo “é protexer do xeito máis eficaz ás nosas empresas fronte ás repercusións económicas” da situación actual na rexión e das políticas comerciais de Estados Unidos
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, detallou que a Xunta está en contacto permanente cos clústeres e asociacións empresariais “para coñecer de primeira man o posible impacto destes acontecementos no tecido produtivo”
A Antena do Igape en Emiratos Árabes segue plenamente operativa e facilita información sobre a evolución da situación en Oriente Medio
Lorenzana sinala como principais obxectivos da Mesa de apoio loxístico “compartir datos, analizar as consecuencias económicas do conflito e a posible implantación de medidas de apoio”
En 2025, Galicia exportou á rexión por preto de 400 millóns de euros e importou por un valor de 213 millóns, en mercados como Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Qatar, Kuwait, Omán ou Bahréin
Mentres, as exportacións galegas a Estados Unidos representan arredor do 1,8% do total, logo de acurtarse en 2025 nun 32% sobre todo polo endurecemento de determinados aranceis e pola evolución do tipo de cambio
A conselleira de Economía e Industria presentou en Santiago o Programa Executivo en Industria de Defensa en Galicia, cofinanciado pola Xunta e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI)
No acto asegurou que “Galicia ten que estar aí, entre as empresas que demandan máis traballadores, que xeran máis economía e emprego industrial” nun sector no que “non é unha utopía pensar que podemos lograr un desenvolvemento industrial importante”
No acto inaugural, a conselleira de Economía e Industria destacou que o Plan Renova da Xunta contribuíu a que Galicia lidere o incremento de matriculacións en España
Lorenzana detallou que en febreiro os concesionarios galegos venderon máis de 2.800 vehículos -31% de subida interanual- e no que vai de ano xa superan as 5.000 unidades
Na apertura do Salón vigués considerou fundamental que a regulación dos cambios que está a vivir o sector achegue máis flexibilidade “para que todo este proceso sexa máis gradual para quen fabrica e para quen compra”