O Índice de Produción Industrial pechou 2025 cunha subida interanual do 6,5% na Comunidade, case catro puntos porcentuais por encima do estatal (2,8%)
Alfonso Rueda asegura que “os datos avalan o éxito das políticas da Xunta” e indican que Galicia estase a converter no principal polo de atracción industrial do norte peninsular
Un informe sobre as políticas industriais no período 2023-2025 recolle que a industria galega xerou o ano pasado un 5% de emprego neto e que xa concentra o 16,4% da poboación ocupada en Galicia, fronte á medida estatal do 13,5%
Ademais, o Valor Engadido Bruto (VAB) industrial rexistrou un incremento do 5,2% e tamén alcanza cifras récord, ao tempo que se reforza o peso estrutural do sector na economía galega
O presidente da Xunta subliña que os nove plans directores, o Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, e un amplo abano de axudas, favorecen a atracción de empresas e a mellora da competitividade do tecido empresarial galego
Rueda avanza que para o vindeiro trimestre está prevista a aprobación dos plans directores de forestal-madeira e das TIC, que se sumarán aos xa en vigor da automoción e o naval
Na clausura do Congreso Maritime Trends Summit precisou que a Iniciativa Estratexia en Seguridade, Defensa e Aeroespazo con horizonte 2030 aprobada pola Xunta vai mobilizar 900 millóns, a partir dun investimento público de 183 millóns
Tamén puxo en valor o novo Plan director do Naval, dotado con case 63 millóns, que busca apoiar “un eido estratéxico para a economía galega” no proceso de modernización, dixitalización e mellora da competitividade
A Xunta acaba de convocar a primeira liña de axudas ao abeiro da Estratexia de Seguridade e Defensa, por importe de 1,5 millóns, dirixida ás empresas galegas que teñan interese en posicionarse como subministradoras do sector
Alfonso Rueda pide ao Goberno central que Galicia poida participar na primeira puxa pública de eólica mariña de España e que lle permita á Xunta habilitar unha nova plataforma experimental en Punta Langosteira
A directora do Igape, Covadonga Toca, destacou na entrega do `XIX Premio Victoriano Reinoso´ a importancia de “recoñecer as traxectorias profesionais que representan a excelencia galega máis aló das nosas fronteiras”
En alusión á Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, enxalzou o seu labor de cohesión e afirmou que “o que facedes non é só crear rede profesional; creades Comunidade”
Ao referirse á figura do doutor Leyes, referente mundial en cirurxía de xeonllo no deporte de elite, enxalzou que o seu éxito “recórdanos algo que en Galicia sabemos ben: que o talento que nace na nosa terra pode competir ao máximo nivel en calquera lugar do mundo”
Tamén se rexistraron 58 peticións de empresas, modalidade de axudas para as que aínda hai unha parte de crédito dispoñible
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, considera que o Goberno central debería replicar o plan autonómico porque “facilita a compra á cidadanía” e por ser “menos burocrático, máis áxil e máis eficaz”
A provincia da Coruña concentrou o maior número de solicitudes, con 657, seguida de Pontevedra (523), Ourense (192) e Lugo (115)
Os apoios oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros por beneficiario, dentro dunha convocatoria dotada cun orzamento de 11 millóns de euros
Nunha visita á planta da empresa lucense Maderas Besteiro, a conselleira de Economía e Industria precisou que as axudas de Xera-tecno abarcan desde equipos de medición de inventario forestal ata medios para o aproveitamento comercial da castaña ou a resina
A conselleira asegura que esa planificación non serve para reforzar a cadea de valor no territorio, nin tampouco para que haxa redes de transporte de enerxía adecuadas ou para impulsar a formación do persoal
Lamenta que o Plan do Goberno central reincida “en erros xa vistos nos últimos anos”, ao non contar coas Comunidades autónomas, “que son as que teñen as competencias exclusivas en materia de industria”, lembra
Demanda unha maior sincronización entre os ministerios de Industria e Transición Ecolóxica, xa que da coherencia entre política enerxética e industrial depende “que a transición cara a un vehículo eléctrico sexa unha oportunidade”
Alfonso Rueda precisou que RDG adquiriu este activo da provincia de Lugo por 75 millóns de euros, no “maior esforzo económico realizado nun parque eólico de Galicia co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños”
O parque eólico de Mondigo, o primeiro en propiedade de RDG, permite cumplir un dos grandes obxectivos da Lei de Recursos Naturais de Galicia: “Que os beneficios redunden na contorna”, asegura Rueda
A instalación ten unha produción anual estimada de 131 GWh e consta de 11 muíños emprazados nos concellos de Ribadeo e Trabada e dunha liña de evacuación de 4,9 quilómetros que transcorre por Trabada e Barreiros
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destaca que a compra formalizada por Recursos de Galicia garante que a posta en valor do recurso eólico teña unha tradución “real e directa” en beneficios para a veciñanza
Lembrou que a operación formalizouse tras un proceso competitivo de venda a nivel internacional e enxalzou que o parque queda “en mans dun operador 100% galego e vai ter un retorno a Galicia do 100% da enerxía producida”