Durante a súa visita ás adegas Santiago Roma, en Ribadumia, a conselleira de Economía e Industria lembrou que nas tres edicións convocadas ata o de agora (2023-2025), lévanse acollido a estes apoios 119 adegas, con máis de 41,7 millóns de euros de financiamento mobilizado
María Jesús Lorenzana subliñou que o obxectivo desta liña é “contribuír á competitividade dun sector estratéxico para a economía e o medio rural que é dos que mellor representa os valores da marca Galicia Calidade”
As cinco Denominacións de Orixe galegas e as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas agrupan a 13.400 viticultores e 479 adegas, cun valor económico do viño comercializado que supera os 200 millóns de euros
Na inauguración da ampliación do parque empresarial das Gándaras, en Lugo, o presidente da Xunta enxalzou que o aumento da oferta “permitirá ampliar as empresas que xa existen e atraer outras novas que se queiran instalar” na Comunidade
Salientou que de aquí ao 2030 vaise poñer ao dispor do sector empresarial máis superficie que a que se habilitou desde a creación de Xestur, a mediados dos 80, ata a actualidade
A ampliación do parque das Gándaras supón case 220.000 novos metros cadrados, distribuídos en 39 parcelas, das que 27 xa están adxudicadas
Cando estea rematado na súa totalidade, contará con máis de 2 millóns de metros cadrados e acumulará un investimento próximo aos 90 millóns de euros
O convenio que veñen de asinar permitirá analizar a vertente económica, social, ambiental, territorial, industrial e de mercado para dimensionar o valor e relevancia do sector forestal
A partir dunha análise do posicionamento actual da marca `Pino de Galicia´, deseñarase unha estratexia de rebranding, ademais de incluír novos produtos e revisar os procesos de certificación e acreditación da madeira de piñeiro galego
No acto de presentación desta nova aceleradora, no CIS Galicia, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas subliñou que BF Energy dota á Comunidade “do acelerador definitivo para converter os nosos recursos naturais en intelixencia aplicada, respecto ambiental e riqueza duradeira”
Identificará e apoiará proxectos innovadores que den resposta aos desafíos do sector, desde a colaboración entre startups, empresas tractoras, centros tecnolóxicos e toda a cadea de valor da enerxía
A conselleira de Economía e Industria visitou en Boiro as instalacións dos antigos Estaleiros Triñanes, agora Samala Shipyard, que considera un exemplo da capacidade do naval para diversificarse e modernizarse a través da tecnoloxía
María Jesús Lorenzana lembrou os beneficios que aporta a aprobación do Plan director do naval, dotado con máis de 62 millóns de euros
Cualificou á compostelá Balidea como “unha das principais tecnolóxicas de Galicia e de España” e salientou o seu interés por sumarse ás tecnoloxías duais
Balidea foi unha das 52 beneficiarias da liña de axudas para certificacións (1,5 millóns de euros) que a Xunta convocou por primeira vez este ano, dentro da Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda)
Durante a visita ás instalacións da biotecnolóxica pontevedresa Hifas da Terra, a conselleira de Economía e Industria lembrou a resolución en agosto das convocatorias de axudas dos programas IA360, Igape Innova e Ticket Innova, que concederán case 15 millóns en axudas directas á innovación a máis de 500 empresas
Estes apoios enmárcanse na Estratexia Galega de Innovación 2026-2028 e fan posible que “dándolles respaldo (ás empresas) axudámoslles a modernizar os seus procesos para adaptarse aos mercados cada vez máis dinámicos e competitivos”, remarcou
María Jesús Lorenzana felicitou a Hifas da Terra, que xa ten presenza en máis de 25 países e que conta con sociedades filiais en Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido