Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, defende que a electrificación da economía exixe unha decidida aposta polas renovables e polo modelo de autoconsumo para reducir as emisións e o custo da factura eléctrica
  • Nunha xornada sobre descarbonización industrial, plantexou que “o almacenamento é o que vai permitir facer fronte á falta de investimento na rede de transporte e distribución”, déficit que identifica como un dos maiores problemas actuais
  • Segundo os últimos datos oficiais do Balance Enerxético de Galicia 2024, a produción renovable representa máis do 85% do mix rexional

  • Alfonso Rueda precisa que esta medida “pioneira en España” levarase a cabo mediante a fórmula de Compra Pública Precomercial
  • A conselleira de Economía e Industria resalta que a fabricación en Galicia será un criterio clave no proceso de selección, co reto de consolidar cadeas de valor e xerar emprego cualificado e de calidade
  • Os proxectos seleccionados deberán ser de tecnoloxías duais -para ámbito civil e defensa- e desenvolver solucións innovadoras que den resposta aos retos identificados pola Xunta en diferentes ámbitos de actuación
  • Esta licitación é a primeira das tres grandes actuacións previstas no Programa Ecosistema da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda), que mobilizará 621 millóns de euros de investimento público e privado

  • A conselleira de Economía e Industria afirma que esta nova planificación nace “absolutamente conectada” coa marca I+G+i e co triplo obxectivo de fortalecer e facer crecer ás empresas xa establecidas en Galicia, ás de nova creación e ás do exterior
  • “O éxito dun ecosistema innovador non se mide unicamente polo número de startups que crea; mídese pola súa capacidade para transformar o conxunto da economía”, aseverou a conselleira
  • O Informe Empresas Tech Galicia 2026 constata que a Comunidade conta con 534 empresas tecnolóxicas e innovadoras, que xeran máis de 5.700 empregos cualificados e facturan en torno a 550 millóns de euros

  • No Encontro Internacional de Galegos no mundo, organizado por Aegama na Toxa, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración definiu a Estratexia Galicia Retorna como “referente europeo” en políticas públicas de emigración e retorno
  • José González destacou a contribución de entidades como Aegama na unión da experiencia internacional coas raíces galegas, e no fortalecemento das relacións económicas entre Galicia e a súa diáspora
  • No encontro anual da Toxa foron distinguidos o fundador e presidente de Ecoener, Luis de Valdivia, e o socio director de Alsis Funds, David Sánchez-Tembleque

 

 

  • O presidente da Xunta afirmou que a proba loxística do grupo chinés evidencia a súa aposta pola Comunidade galega para desenvolver “un proxecto industrial de longo percorrido chamado a transformar o futuro de Galicia”
  • Agradeceu aos representantes da multinacional automobilística ter escollido Galicia fronte a outros territorios e lembrou que a Comunidade “ofrece estabilidade, capacidade industrial, infraestruturas, loxística e talento, ademais da seguridade de que aquí se fan as cousas ben”
  • Alfonso Rueda valorou que o alcance será para toda Galicia, xa que a chegada de SAIC “permitirá fortalecer o conxunto das cadeas de valor, abrir novas oportunidades e consolidar á Comunidade como un dos polos de automoción máis importantes de toda Europa”

 

  • No `Foro Santander: Visión empresarial, estratexia e futuro´, en Vigo, lembrou que “o liderado industrial constrúese con anticipación, tamén con capacidade de resposta, e coa vontade de comprender como toman as empresas as súas decisións”
  • Ademais remarcou que os grandes investimentos “empezan cando un territorio prepara o solo empresarial, cando aposta polo talento, cando reforza o seu sistema de innovación, cando planifica as súas infraestruturas e cando incorpora a enerxía como factor esencial de competitividade”
  • A titular de Economía e Industria lembrou que actualmente hai 17 proxectos industriais declarados como estratéxicos, coa Oficina Económica de Galicia acompañando durante todo o proceso de investimento
  • Tamén recordou que a nova Estratexia Galega de Innovación mobilizará máis de 400 millóns de euros, co obxectivo de reforzar a transferencia de coñecemento, a colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos, e a incorporación da innovación ao tecido produtivo

  • Asegura que a instalación do grupo chinés “marcha a bo ritmo” e avanza que a próxima semana chegará a Ferrol un buque con vehículos da multinacional asiática para unha primeira proba loxística
  • “Aínda que queda camiño por diante, Galicia está preparada para acoller esta empresa que suporá un antes e un despois para as comarcas nas que se situarán as súas sedes e para Galicia no seu conxunto”, remarca o presidente da Xunta
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia