A directora do Instituto Galego de Promoción Económica incidiu, na xornada sobre financiamento organizada por Galicia Foro Empresarial, na importancia da toma de decisións financeiras “informadas, planificadas e aliñadas coa estratexia empresarial”
Expuxo o conxunto de instrumentos postos en marcha para facilitar o acceso ao financiamento, impulsar a innovación e reforzar a internacionalización, con programas que abarcan desde préstamos directos e acceso ao crédito ata axudas á descarbonización, startups e expansión exterior
Destacou que as liñas activas en 2026 permiten adaptar o apoio público ás distintas fases de crecemento de cada sociedade, desde o emprendemento ata grandes proxectos industriais, adaptándose ás necesidades reais das empresas
Na clausura do II Congreso Nacional de Relevo Xeracional enxalzou que “cando unha empresa viable desaparece por falta de continuidade non estamos perdendo unicamente un negocio; tamén capacidade produtiva, coñecemento técnico, emprego especializado, provedores e un elo da cadea de valor”
A conselleira de Economía e Industria avogou por aproveitar a transmisión empresarial para “facer compañías máis produtivas, máis innovadoras e para competir”
No Congreso de Vilargacía de Arousa incidiu en que a sucesión é, ao mesmo tempo, política industrial, de emprego e de cohesión social, e dixo que “transcende o ámbito empresarial para converterse nun auténtico reto de país”
A directora do Igape, Covadonga Toca, puxo en valor na Asemblea do Consorcio Aeroespacial Galego (CAG) o crecemento desta industria estratéxica e reafirmou o compromiso da Xunta con este novo eixo da economía galega
Destacou que a Iniciativa Estratéxica en Aeroespazo, Seguridade e Defensa (IESDA) 2025-2030, impulsada polo Goberno galego, prevé mobilizar preto de 900 millóns de euros en investimento nos vindeiros anos
Toca Carús remarcou que o principal reto pasa agora por “converter a innovación en industria”, transformando o coñecemento xerado en produtos, procesos e solucións con impacto real no mercado
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas afirmou na Asemblea Xeral Ordinaria da Cámara Oficial Mineira que Galicia é “o punto de partida da Europa verde”
Destaca a oportunidade histórica do sector na Comunidade galega, ao liderar a produción nacional de lousa, granito e minerais industriais e levar identificadas 18 das 34 materias primas críticas definidas pola UE
Fernández Vila referiuse á sustentabilidade na minaría galega como “obriga moral coa sociedade, impulso á competitividade e o camiño para desenvolver proxectos en Galicia”
Galicia conta cun ecosistema industrial aeronáutico e aeroespacial “sólido e recoñecido”, que inclúe desde grandes fabricantes internacionais ata empresas especializadas en mecanizado, estruturas, sistemas de control ou mantemento
A Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo (IESDA), potencia e amplía ata 2030 o apoio da Xunta ao sector, iniciado hai máis dunha década
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou en Tecnópole na clausura dunha xornada da cadea de subministro aeronáutica española na que participaron compañías como Airbus, ITP Aero, Aernnova, Aciturri e Delta Vigo
Os apoios materializados nas dúas últimas edicións dispuxeron dun orzamento de 12 millóns de euros, detallou María Jesús Lorenzana
A conselleira de Economía e Industria visitou en Tomiño o CEIP Pedro Caselles Beltrán, que conta na súa cuberta con 35 paneis fotovoltaicos para autoconsumo renovable
O proxecto de Compra Pública de Innovación (CPI) Innomar permitirá monitorizar o mar e evacuar a enerxía xerada polas ondas na segunda mellor zona experimental do mundo
Empregará unha solución tecnolóxica consistente nun multiconector flotante sensorizado, para a conexión de múltiples prototipos de xeración eléctrica a partir de renovables mariñas e para a evacuación da enerxía producida
Ademais servirá para monitorizar en tempo real as condicións atmosféricas e mariñas, como o vento, ondada, correntes e mareas, e para o estudo de factores ambientais e de biodiversidade do medio mariño