Consellería de Economía e Industria
Rueda puxo en valor no 25° aniversario de Unirisco os beneficios de investir na I+G+i, a I+D+i galega, e de apoiar iniciativas empresariais innovadoras

- Apuntou que “en Galicia estamos no bo camiño”, ao acompañar a confianza no talento galego con “recursos, traballo e planificación” ao servizo do ecosistema emprendedor
- O presidente da Xunta destacou a próxima ampliación da rede de aceleradoras galegas, que en 2026 chegará tamén ás enerxías renovables e á saúde e benestar
- Ao remarcar “a visión e valentía” de Unirisco, primeira empresa de capital risco xurdida dunha universidade en España, dixo que o seu exemplo constata que “investir en ciencia e coñecemento non só é preciso, senón que tamén é rendible”
No acto de conmemoración do 25° aniversario de Unirisco, a sociedade que ten como obxectivo a transferencia de tecnoloxía e coñecemento desde as universidades galegas ao sector empresarial, o presidente da Xunta de Galicia subliñou a relevancia de investir na I+G+i, a I+D+i galega, e de apoiar iniciativas empresariais innovadoras para xerar novas oportunidades de emprego na Comunidade. Alfonso Rueda, que estivo acompañado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou o carácter pioneiro e a “visión e valentía” da entidade que vén de cumprir 25 anos de traxectoria, ao anticiparse na súa aposta polo capital risco na universidade, amosando que “investir en ciencia e coñecemento non só é preciso, senón que tamén é rendible”, afirmou o presidente da Xunta.
Na súa intervención tivo palabras para salientar que en Galicia “estamos no bo camiño” e apuntou a importancia de axudar a converter “unha idea inicial nunha empresa de éxito”, confiando no talento que hai na Comunidade, acompañándoo con recursos e traballando con planificación.
Con este obxectivo, a Xunta ten en marcha múltiples liñas de apoio, plans de I+D+i, programas e ferramentas xa consolidadas. Entre elas, Rueda salientou a Oficina Económica de Galicia -que desde a súa posta en marcha rexistrou máis de 30.000 consultas resoltas nun 84% no acto- creada para “dar facilidades a aqueles que queiran emprender”, ou a rede de aceleradoras galegas, grazas ás cales máis de 250 novas empresas foron constituídas ou financiadas e máis de 440 compañías recibiron apoio, xerando máis de 1.400 empregos cualificados.
Neste sentido, o presidente do Executivo galego destacou a futura ampliación da rede, que o vindeiro ano sumará dúas novas aceleradoras: unha centrada na saúde e o benestar, e outra nas enerxías renovables.

PLANS PARA O REGRESO DO TALENTO GALEGO
Mentres, en materia de innovación empresarial, precisou que a Xunta destinará en 2026 máis de 47 millóns de euros a iniciativas tan destacadas como as de “axudar ás empresas a captar e recuperar talento de fora”.
Esta cita conmemorativa en Santiago de Compostela permitiu lembrar que Galicia vén de escalar nove postos na clasificación europea de rexións innovadoras, a segunda Comunidade que máis mellora en España. Entre os estímulos á educación e á ciencia, a Xunta ven apoiando a Unirisco na organización das Xornadas “Investir en Ciencia si é posible”, unha ponte entre o talento e a realidade empresarial que nas últimas edicións reuniu a máis de 400 asistentes entre investigadores, investidores, universidades e centros tecnolóxicos.
Unirisco, primera sociedad de capital riesgo especializada en la financiación de empresas de base tecnológica, se rige por un consejo de administración del que forman parte las tres universidades gallegas, el Consorcio de la Zona Franca de Vigo, Abanca, Santander y compañías de la talla de Inditex, Gadisa, Grupo San José, R, Estrella Galicia y Conservas Pescamar. Su directora general es la ourensana Inmaculada Rodríguez Cuervo, que cuenta con larga trayectoria en la gestión empresarial.

























