Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A conselleira de Economía e Industria detalla que este paquete de apoios consta de apoios para o sector agrícola primario, para instalacións de uso térmico, para enerxía fotovoltaica en empresas e para melloras de eficiencia enerxética en pemes ou por parte de autónomos
  • A liña para pemes e profesionais, dotada cun orzamento de 7,5 millóns, manterá aberto ata o 15 de setembro o prazo para a presentación de solicitudes
  • María Jesús Lorenzana visitou en Santiago `Ferrexpo 2026´, a feira sectorial que é o punto de encontro entre pemes, fabricantes, distribuidores, instaladores e provedores de referencia

  • No acto inaugural do VIII Foro Empresarial Empresarias Galicia, en Lalín, a conselleira de Economía e Industria defendeu que “a igualdade non é só unha cuestión de xustiza social; é algo que o empresariado ten que ver como necesario para o crecemento e fortalecemento da propia empresa”
  • Remarcou ademais que atraer, reter talento feminino e incorporalo nas distintas capas da organización ata o liderado “é unha decisión estratéxica” que debe ir “máis alá das políticas formais de igualdade”
  • María Jesús Lorenzana advertiu que Galicia precisa “talento directivo e empresas preparadas para competir nun contorno cada vez máis exixente, tecnolóxico e cambiante”

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou na sede de Kreios Space, en Nigrán, na presentación da 7ª edición da aceleradora BFAero
  • Esta lanzadeira tecnolóxica leva apoiado 49 proxectos desde a súa posta en marcha en 2019, cun balance de 310 empregos cualificados, 28,6 millóns de euros en volume de negocio e investimentos por importe de 16 millóns
  • Entre as empresas que pasaron por BFAero están Kreios (Nigrán), Lupeon (Nigrán), Aquia Analítica (Oleiros), Aeromedia (A Coruña), ITG Drone Solutions (A Coruña), Arzeos Aircraft (Silleda), Luxit (Ourense) e Vig-Sec Drone (Nigrán), entre outras tecnolóxicas de nova creación
  • Lorenzana afirma que Galicia está “en condicións de chegar a operar como provedor tecnolóxico a nivel internacional”

  • No acto inaugural do programa do Igape `Capacita Directivos´, a conselleira de Economía e Industria apelou a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar o futuro industrial de Galicia
  • Detallou que a Xunta ten en tramitación 16 proxectos industriais estratéxicos cun investimento conxunto de 1.700 millóns de euros e con capacidade para xerar 3.700 empregos en toda a Comunidade
  • En relación á operación do grupo chinés Saic, apuntou que “chega co compromiso de contratación e de compra local”, o que representa “unha oportunidade enorme” para os proveedores galegos do sector da automoción
  • No xantar coloquio no Círculo de Empresarios de Galicia salientou a importancia de que exista unha “convicción colectiva” das capacidades da industria galega e de que “Galicia pode ocupar unha posición de liderado”

  • O proxecto inclúe dúas fases que, unha vez completadas, permitirían que a planta acadase unha produción anual de 120.000 vehículos e a xeración de máis de 2.000 empregos
  • O calendario da operación fixa para finais de 2026 a obtención dos permisos e autorizacións necesarios, para comezos de 2027 a construción da primeira fase da planta e para 2028 o arranque da produción
  • A Xunta declarou Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) o desenvolvemento inicial da factoría de SAIC, que será a primeira do grupo chinés en territorio da Unión Europea
  • Alfonso Rueda salienta que entre os motivos polos que a compañía elixe Galicia está “a ampla tradición punteira no sector da automoción, tanto na fabricación de vehículos como de compoñentes”
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarca “a gran oportunidade económica e industrial para Ferrolterra” e para o conxunto da Comunidade, polo compromiso do grupo chinés de que gran parte dos compoñentes para os seus vehículos sexan “de fabricación local”

  • Alfonso Rueda avanza a previsión de que a medida sexa efectiva no verán e lembra que se engloba no Plan director que conta cun orzamento de 230 millóns
  • Reclámalle ao Goberno central unha implantación realista do vehículo eléctrico e un maior compromiso cun sector clave para a economía galega
  • O presidente da Xunta enxalzou na clausura da asemblea de CEAGA o bo momento das empresas galegas da automoción, como xeradoras do 15,5% do PIB autonómico, de case 24.000 empregos e do 30% das exportacións da Comunidade

  • Destacou a importancia de analizar as propostas e proxectos “con moita esixencia” e autorizalos “para que a riqueza se quede en Galicia”.
  • Avoga por un modelo asentado no binomio industria-enerxía e vencellado ao despregamento das renovables, nas que Galicia conta cun gran potencial
  • O presidente da Xunta visitou en Curtis, na comarca de Betanzos, a planta que está a construír Vertex Bioenergy para producir CO2 bioxénico, produto renovable con moitas utilidades e fundamental para a elaboración de biocombustibles renovables
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia