Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

A Xunta defende o papel fundamental dos sectores do granito e da lousa para o desenvolvemento económico e sustentable de Galicia

 

  •  O encontro `Accións de promoción para o sector da pedra natural no 2025: a visión da Xunta´ analizou a competencia dos materiais artificiais e os custes de produción na actual coxuntura económica

  • Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas, precisou que o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para 2025, que acaba de entrar no Parlamento, reforza a figura do Consello da Minería de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destaca o papel fundamental que ten o sector da minería, e en concreto do granito e da lousa, para o progreso de Galicia en termos de desenvolvemento económico, innovación e sustentabilidade. Fixo esta defensa no encontro `Accións de promoción para o sector da pedra natural no 2025: a visión da Xunta´, onde subliñou que Galicia é unha comunidade líder en España en pedra natural, de xeito especial, en granito e lousa. “Esta posición debe brindarnos unha vantaxe competitiva que debemos aproveitar nos mercados internacionais”, afirmou.

Neste sentido, Fernández Vila subliñou que mostra desta importancia é que o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para 2025, que acaba de entrar no Parlamento galego xunto co proxecto de Orzamentos do vindeiro ano, reforza a figura do Consello da Minería de Galicia que contará coa participación dun representante do sector do granito.

Durante o encontro que tivo lugar no Porriño (Pontevedra) analizáronse aspectos relacionados co sector do granito como a competencia de materiais artificiais; o contexto económico que afecta aos custes de produción; ou a necesidade de promover accións que sitúen ao granito galego nos mercados internacionais coma unha opción contemporánea, sustentable, de deseño e de baixo mantemento.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia