Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

Lorenzana detalla que máis dun millar de empresas e autónomos serán beneficiarios este ano da liña de axudas para o acceso ao finaciamento

  • A conselleira de Economía e Industria e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha xornada de traballo cos representantes de Sociedades de Garantía Recíproca (SGRs) e de entidade financeiras
  • A Xunta destina este ano 19 millóns de euros a esta liña de financiamento empresarial, cun impacto previsto de 150 millóns en operacións financeiras
  • No pasado exercicio mobilizou 144 millóns e no período 2020-2024 achegouse aos 400 millóns, cun total de 4.920 beneficiarios dos créditos acollidos a este programa do Igape

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou nunha xornada de traballo na sede do Igape, onde aproveitou para facer balance da liña de acceso ao crédito para pemes e autónomos do período 2020-2024. Así mesmo, avanzou os principais puntos da nova convocatoria 2025. No acto, no que estiveron presentes as principais entidades financeiras e Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), Lorenzana destacou que no pasado exercicio esta liña mobilizou un total de 144 millóns de euros.

O Goberno galego destina este ano 19 millóns de euros a esta iniciativa, que posibilitará máis dun millar de operacións. Deste xeito, as axudas terán un impacto previsto en operacións financeiras que poderá alcanzar os 150 millóns de euros no ano 2025.

Doutra banda, na xornada fíxose balance dos resultados da liña de axudas do período 2020-2024. Así, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do Igape, Covadonga Toca, resaltou as máis de 4.920 pemes e persoas autónomas galegas que puideron beneficiarse dos créditos e sinalou que este programa permitiu impulsar a mobilización dun importe total de 389 millóns de euros.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia