Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destaca que o ensaio clínico Sigma4Covid “contribúe a dar solución a unha das máis graves emerxencias sanitarias, e faino desde a colaboración”.

- Salienta o papel da ciencia e da innovación e aboga por impulsar un ecosistema conectado con retos como a medicina, a transición ecolóxica, o cambio climático ou o envellecemento activo.

- A Xunta agarda que a biotecnoloxía galega ocupe un lugar prioritario no Perte de Saúde de Vangarda anunciado polo Goberno central.

- O Programa OPORTUNIUS atrae a 11 investigadores de prestixio na Unión Europea, ao sumarse dúas incorporacións este ano.

- Con 32 proxectos e 72 millóns de euros en captación de recursos, Galicia é a quinta Comunidade máis activa nas convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC).

- Francisco Conde salienta que a Xunta prevé investir máis de 220 millóns de euros ata 2024 en liñas centradas en seguir impulsando o talento científico na Comunidade.

- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación abordou novas liñas de colaboración en comercio exterior nun encontro con representantes de Miami Dade Beacon Council.

- Trátase dun destino estratéxico e chave para as empresas galegas que buscan posicionarse no mercado dos Estados Unidos ou abarcar desde Miami as principais prazas de Latinoamérica.

- A Xunta amosou interese en estreitar vínculos en sectores como as TIC e a biotecnoloxía, pola conexión co proceso de dixitalización do tecido empresarial galego, e a delegación estadounidense salientou o potencial para sectores produtivos como o pesqueiro.

- As exportación galegas a Estados Unidos duplicaron volume no primeiro trimestre de 2022, ao cifrarse en preto de 159 millóns de euros.

- Cun investimento de 2,4 millóns de euros, formará a 37 titulados de grao superior para a súa especialización en comercio exterior nunha trintena de destinos mundiais estratéxicos.

- Este programa impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación xa leva beneficiado a preto de 400 profesionais, que colaboraron na proxección internacional de empresas galegas en mercados como Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Arxentina, Xapón, Corea do Sur, Dubai, Filipinas ou Tailandia.

- Os obxectivos son impulsar as vendas ao exterior do tecido empresarial galego, reforzar a súa competitividade e mellorar a empregabilidade.

- O programa forma parte da Estratexia de Internacionalización de Galicia 2025, coa que o Goberno galego está a contribuír aos rexistros históricos das exportacións: en 2021 Galicia superou por primeira vez a barreira dos 25.000 millóns de euros.

- O protagonismo das pemes concentrarase ademais en dous sectores estratéxicos do tecido produtivo galego, o forestal-madeira e o téxtil, así como na industria loxística.

- A planta, programada por Altri no concello de Palas de Rei, contribuirá a maximizar o impacto social, coa creación de 2.500 empregos entre directos e indirectos, e actuará como panca para a implantación de novas empresas.

- A Administración galega salienta que os beneficios da pegada industrial da fábrica de fibras téxtiles estenderá o seu radio de acción a toda a provincia de Lugo e ao conxunto da Comunidade galega.

- A Xunta acorda cos concellos máis directamente afectados principiar a colaboración para anticiparse ás necesidades do proxecto en materia urbanística, de servizos, de investimentos ou de formación.

- Francisco Conde salienta que o Goberno central debe asumir o seu compromiso de finalización de infraestruturas tan necesarias como a autovía Lugo-Santiago (A-54), a través dos fondos europeos Next Generation.

Inauguración do Centro de Servizos Avanzados de Galicia TurisTIC

- O Centro de Servizos Avanzados de Vilagarcía de Arousa, recén inaugurado, é o primeiro dos sete centros de fabricación avanzada que planifica abrir a Xunta de Galicia, cun investimento de 27 millóns de euros.

- Esta iniciativa de colaboración público-privada, na que a Xunta achega preto do 76% do orzamento, configurará novos polos tecnolóxicos en sectores como o turismo, agroalimentación, loxística, biotecnoloxías e TICs.

- TurisTIC ten entre os seus obxectivos axudar a redefinir modelos de negocio no sector turístico, ofrecer servizos alternativos e garantir a seguridade dos viaxeiros na era postcovid.

- Cun investimento 100% público de 400.000 euros, o centro aberto en Vilagarcía de Arousa dispón de tres laboratorios e de áreas de formación, demostración a clientes e impulso de startups.

- Os apoios desta nova convocatoria para facilitar as vendas no exterior mediante ferramentas dixitais innovadoras oscilan entre os 18.000 e os 100.000 euros.

- A Xunta recibiu 240 solicitudes de pemes e autónomos, cun 53% procedentes de microempresas.

- Os sectores con maior representatividade son o do comercio, o da industria agroalimentaria e o do metalmecánica.

- Este programa xa permitiu impulsar máis de 330 plans de internacionalización dixital para a promoción de empresas galegas e os seus produtos en máis de 90 países, cun volume de 12 millóns de euros.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia