Consellería de Economía e Industria
• A conselleira de Economía, Industria e Innovación clausurou o encontro `Rumbo a un futuro sustentable: Fortalecendo a cadea de valor da eólica mariña´, organizado por Asime
• Na súa intervención defendeu que o sector se abra paso conciliando as fortalezas de Galicia nete eido coa preservación dos ecosistemas mariños e coa defensa da pesca
• Reitera a necesidade de abordar cos sectores implicados os retos e oportunidades da eólica mariña: “O que non podemos facer é quedarnos quietos”, enfatizou
• Destaca as aportacións técnicas do Observatorio de Eólica Mariña e do Clúster de Eólica Offshore
• María Jesús Lorenzana confía en que neste sector o Goberno central “non caia no mesmo erro en que caeu cos fondos europeos”
• En referencia ao proxecto de Altri, a conselleira de Economía, Industria e Innovación lamenta que a falta de concreción do Executivo central coincida co “silencio, pasividade e complicidade” de PsdeG e BNG
• Detallou que a Xunta segue adiante coa tramitación deste Proxecto Industrial Estratéxico e que a empresa rematou a elaboración do proxecto e do estudo de impacto ambiental
• Lorenzana precisou que dos oito Pertes industriais anunciados, só se resolveu ou adxudicou o 27,5% do orzamentado e que Galicia só foi beneficiaria co 4,93% do total asignado, pese a ser unha das primeiras Comunidades en presentar a súa estratexia
• En contraste, comunidades como Cataluña e Valencia recibiron axudas directas, mentres que Galicia ten paralizados destacados proxectos industriais que suman máis de 2.000 millóns de euros e que están á espera do Goberno central
• A iniciativa de Altri e outras de carácter estratéxico para Galicia requiren ademais que o Executivo aclare como se garantirá a interconexión eléctrica necesaria
• A conselleira lembrou que a actual é “a última oportunidade para investir de forma eficiente e xusta” fondos dirixidos a garantir proxectos industriais e estratéxicos que contribúan á descarbonización e a unha economía “máis dixital e verde”
• O presidente da Xunta e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiron á inauguración desta nova infraestrutura da Cidade das TIC da Coruña
• Rueda definiu como “oportunidade única” para Galicia a aposta por deseñar e producir este tipo de tecnoloxía desde a Comunidade
• O Galaxy Lab pasa a ser un dos campos de probas máis completos de Europa no puxante sector dos vehículos aéreos non tripulados
• Con máis de 1.000 metros cadrados de superficie, o novo centro actuará como tractor para seguir atraendo investimentos tecnolóxicos e tamén para reter e captar o talento existente na Comunidade
• Rueda salienta o carácter innovador de Galicia, avalado por iniciativas como o Polo Aeroespacial ou por fitos como o de ser elexida para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA)
• O Galaxy Lab está financiado ao 50% pola Xunta e polo Instituto Tecnolóxico de Galicia
• A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Montevideo no Encontro Mundial de Empresarios Galegos que organiza AEGU e ao que acude empresariado galego de tres continentes
• O Uruguai configúrase como un mercado estratéxico para Galicia, polo potencial de crecemento e polas oportunidades de negocio en sectores como a construción, o naval e a alimentación
• As vendas galegas con destino a este país do Mercosur presentan unha evolución ascendente nos últimos anos, cun incremento do 47,8% no último lustro ata acadar os 30 millóns de euros •
• Entre os sectores de maior potencial destaca o pesqueiro, polo protagonismo da pesca de arrastre, e en particular da captura de pescada, o que fai deste país un socio comercial de interese para Galicia
• Na xuntanza tamén se analizaron novas canles para o sector conserveiro galego en Suráfica e para o reforzamento da marca Galicia
• Alfonso Rueda e a embaixadora avaliaron ademais oportunidades comerciais nas enerxías renovables, no ciclo da auga, na industria e na agroalimentación
• Na actualidade máis de 170 empresas galegas venden os seus produtos a Suráfrica, por un importe que no 2022 se achegou aos 53 millóns de euros
• As exportacións galegas rumbo a este mercado concéntranse na automoción, agroalimentación, industria química, maquinaria, madeira e téxtil
— Este “ambicioso proxecto sen precedentes”, como subliñou Alfonso Rueda, aglutina a unha trintena de empresas que sosteñen máis de 20.000 empregos directos e xeran un PIB autonómico de case 11.000 millóns de euros
— O presidente da Xunta puxo en valor a creación da sociedade Recursos de Galicia como “a primeira pedra” para garantir que a xestión da riqueza dos recursos naturais galegos sexa o garante de riqueza social para a Comunidade
— En plena transición enerxética, “non imos resignarnos a quedar á marxe do desenvolvemento das enerxías verdes en toda Europa; aspiramos a estar no centro”, enfatizou Rueda na presentación pública da nova sociedade no Museo do Pobo Galego
— Engadiu que actuará como “punta de lanza” da futura Lei galega que esixirá aos proxectos enerxéticos un estudo do impacto socioeconómico e medidas para compensalos
— Tal e como matizou o presidente da Xunta, Recursos de Galicia non intervirá como un operador máis do mercado, senón como “referencia e guía” dos axentes sociais, e con tarefas como procurar que a xeración enerxética implique beneficios para as comunidades locais
Más artículos…
- A XUNTA AVALÍA CO SECTOR EMPRESARIAL GALEGO NOVAS OPORTUNIDADES E VÍAS DE NEGOCIO NA REPÚBLICA DOMINICANA EN SECTORES COMO A CONSTRUCIÓN, INDUSTRIA AGROALIMENTARIA E ENERXÍA
- A XUNTA PORÁ EN MARCHA UN PLAN AUTONÓMICO DE IMPULSO E ACELERACIÓN DE PROXECTOS INDUSTRIAIS, DENTRO DA NOVA ESTRATEXIA DE POLÍTICA INDUSTRIAL DE GALICIA
- O IGAPE CONTARÁ EN 2024 CUN ORZAMENTO DE 213 MILLÓNS, NUN EXERCICIO QUE PRIORIZARÁ A ATRACCIÓN DE INVESTIMENTO, A INTERNACIONALIZACIÓN E O FINANCIAMENTO
- LORENZANA TRASLADA Á DIRECCIÓN DE STRATEGIC MINERALS O COMPROMISO DA XUNTA COS TRABALLADORES DA MINA DE PENOUTA E CO SECTOR MINEIRO GALEGO
Página 49 de 62





























