
Consellería de Economía e Industria

-No marco de diálogo permanente co tecido empresarial galego, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou e mantivo un encontro con representantes de Nordés Club Empresarial
-Conde subliña as oportunidades que xurdiarán coa Cidade das TIC, que a Xunta apoia a través de iniciativas como o centro de fabricación avanzada ou o proxecto do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), e coa sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia)
-Afirma ademais que a comarca está chamada a ser un centro industrial de fabricación de plataformas de eólica mariña flotante, e a contribuír a que Galicia exerza como polo de referencia no despregamento desta enerxía renovable
-A Coruña tamén está a impulsar proxectos de hidróxeno verde e de amoníaco verde, así como iniciativas apoiadas en fondos europeos, entre eles o de Resonac, para que a antiga Showa Denko siga fortalecendo o tecido empresarial
-O club empresarial Nordés foi constituído a finais de 2019 e conta con máis de 200 empresas asociadas

— O sector exterior galego creceu un 18,3% en 2022, cunhas vendas que subiron en 4.600 millóns de euros en comparación coas do exercicio anterior
— Alfonso Rueda salienta ademais a balanza comercial positiva de máis de 2,800 millóns de euros, a terceira de España en valores absolutos, e en contraste co saldo negativo do conxunto do Estado
— Entre os incrementos das exportacións destacan os de sectores clave para Galicia, como o do téxtil (+21,1%), o da industria química (+47,3%), o do epígrafe das máquinas e aparellos mecánicos (+45,4%) ou o da metalurxia (+16,5%)
— O presidente da Xunta detalla ademais que para seguir impulsando o mellor ciclo exportador da historia de Galicia a nova convocatoria do Plan de Misións Comerciais, dotada con 2,3 millóns, promoverá accións de internacionalización en 600 pemes e grandes empresas galegas
— Esta iniciativa forma parte da Estratexia de Internacionalización da Xunta, que este ano destina máis de 20 millóns de euros a colaborar co tecido empresarial de Galicia
— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asegura que o talento que participa nesta iniciativa “é unha oportunidade para seguir afianzando o mellor ciclo exportador da Comunidade”
— A Tecnópole de San Cibrao das Viñas acolleu a presentación de resultados da primeira convocatoria, na que participaron 30 empresas de sectores como o tecnolóxico, biotech, servizos, sanidade e automoción
— O 47% dos participantes tiveron como mercado de destino a UE, o 23% Latinoamérica, o 13% Asia, o 12% Estados Unidos e o 5% restante Gran Bretaña
— O Galicia Avanza da acceso a itinerarios de exportación, formación e asesoramento para que as empresas poidan expandirse en internacionalización, acceder a novos segmentos de clientes e atraer financiamento externo
— Conde salientou que o traballo desenvolvido polos participantes na primeira edición “é unha proba de como desde Galicia se está dando resposta aos retos do século XXI: a dixitalización, a economía verde e o coidado da saúde e benestar”
— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, define esta liña de apoios como “unha nova aposta da Xunta pola transición enerxética” e lembra que as tres convocatorias previas facilitaron preto de 46.000 actuacións
— Explicou que o programa ten o dobre obxectivo de facilitar ás familias a compra de electrodomésticos máis eficientes e de menor consumo, co engadido de dinamizar as vendas no comercio de proximidade
— Prevese una mobilización de 10,5 millóns de euros, un aforro anual de 800.000 euros en custos enerxéticos, unha reducción do consmo en 4.000 Mwh/ano, a diminución de emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e a consolidación ou creación de 150 empregos
— A convocatoria deste ano increméntase un 50% con respecto á de 2022, ata os 3 millóns de euros e as axudas concederanse por orde de solicitude ata que se esgote o crédito, con data límite do 30 de setembro
— Os apoios poden acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e entre o 50 e o 75% para os consumidores con maiores dificultades, polo que oscilarán entre 100 e 450 euros
— A campaña conta na actualidade con 410 establecementos adheridos e os comercios interesados en participar teñen de prazo ata o 30 de xuño
— A renovación do acordo de colaboración da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con Ceaga, Stellantis, Consorcio da Zona Franca de Vigo e VigoActivo garante un investimento de máis de 20,5 millóns de euros durante os próximos catro anos
— Poñeranse en marcha tres novas convocatorias ata 2026, nas que se prevé impulsar un total de 30 proxectos en fase de aceleración e outros 30 na de consolidación
— O acordo, autorizado a pasada semana polo Consello da Xunta, reforza o ecosistema galego de innovación no sector da automoción e fortalece o seu posicionamento e proxección internacional
— Nas súas seis primeiras edicións, BFAuto captou 500 candidaturas, procedentes de 49 países, co resultado de 64 novas empresas creadas, 550 empregos e unha cifra de negocio que en 2022 superou os 90 millóns de euros
— O programa, que xurdiu ao amparo da axenda industrial da Xunta, sitúa a Galicia como referente internacional de I+D+i no sector e a Vigo como polo de innovación de vangarda a nivel europeo
— O prazo para a captación de proxectos e a presentación de candidaturas da vindeira convocatoria abrirase durante o primeiro trimestre deste ano 2023, despois da publicación do novo convenio no BOE
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, detallou os dous novos incentivos para o tecido empresarial galego no networking Galicia Empresa que tivo lugar en Valdeorras
- A primeira liña destina 1,5 millóns para promover procesos e consumos máis eficientes entre pemes e autónomos, e a segunda son préstamos directos que suman 18 millóns de euros
- Francisco Conde avoga pola colaboración entre administracións, así como co tecido produtivo, para abrir novas oportunidades que logren atraer investimentos
- Salientou ademais a contribución que fan os Concellos Emprendedores, dos que forman parte O Barco e Carballeda de Valdeorras, á hora de facilitar a implantación de novos proxectos empresariais
- No networking con empresarios valdeorreses transcendeu a boa evolución do comercio exterior de Ourense, cun crecemento do 21,5% en exportacións de xaneiro a novembro, ata 1.333,2 millóns de euros.
- Conde lembrou que Valdeorras, a “capital do sector da lousa”, concentra o 90% da produción, con 2.400 postos de traballo vinculados en toda Galicia
Más artículos…
- A PLANTA DE INXECTABLES IMPULSADA POR INDUKERN EN MONFORTE DE LEMOS CONVÉRTESE EN INICIATIVA EMPRESARIAL PRIORITARIA
- A XUNTA REÚNE EN MADRID OS VALORES DA MARCA GALICIA CALIDADE E REIVINDICA O SEU POTENCIAL NA APERTURA DE NOVOS MERCADOS PARA AS EMPRESAS GALEGAS
- O CENTRO DE INVESTIGACIÓN UDC–NAVANTIA APOIADO POLA XUNTA FIXA COMO OBXECTIVOS AVANZAR CARA AO ESTALEIRO 5.0 E AMPLIAR O ECOSISTEMA CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO E ACADÉMICO LIGADO AO NAVAL
- GALICIA REFORZA O CRECEMENTO E CONSOLIDACIÓN DOS PARQUES EMPRESARIAIS E DOS VIVEIROS INDUSTRIAIS CON LIÑAS DE AXUDAS POR IMPORTE DE 5,6 MILLÓNS DE EUROS
Página 45 de 52



























