
Consellería de Economía e Industria
. Enmárcanse dentro da Estratexia de Internacionalización para o período 2021-2025, que inclúe o Galicia Exporta, o Foexga, o programa de xestores de internacionalización e as antenas comerciais, entre outras iniciativas
. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, precisou na inauguración da XII Semana Internacional Contract Galicia, en Muxía, que a Xunta destinará o próximo ano “máis de 20 millóns de euros a colaborar co tecido empresarial galego” para manter a puxanza en comercio exterior
. Lembrou que a Comunidade galega é un “referente internacional” no contract, que engloba a máis de 100 empresas galegas cunha facturación conxunta de arredor de 1.000 millóns de euros
. Son firmas que están a deixar pegada con máis de 10.000 proxectos constructivos realizados en 600 cidades de todo o mundo, en especializacións como a construcción, arquitectura, interiorismo, iluminación, carpintería metálica, madeira e sector audiovisual
. Francisco Conde resalta que o contract “contribúe a expandir a Marca Galicia grazas ao traballo e ao talento” destas compañías
. Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, afirmou nun networking con empresarios en San Cibrao das Viñas (Ourense) que recortar os custos enerxéticos “está sendo cada vez máis determinante para a competitividade”
. Destacou iniciativas como a primeira comunidade enerxética empresarial de Galicia, proxecto pioneiro de aforro e eficiencia enerxética que se desenvolve en Tecnópole e no que participan 50 empresas
. Outro dos puntos fortes dos orzamentos da Xunta de 2023 é o dos instrumentos financeiros, para os que reserva 140 millóns de euros
— A compañía de mobiliario de cociña, referente no seu sector, quere desenvolver nestas novas instalacións os procesos de deseño e innovación de produto.
— Para a declaración de proxecto de interese autonómico, a Xunta valora a riqueza e creación de emprego que xerará na zona, así como a contribución no avance cara un novo modelo industrial.
— O Campus de I+D do Grupo Santos localizarase en Deseiro (Boqueixón), onde xa conta cunha parcela de 85.000 metros cadrados no polígono empresarial.
— Entre os desafíos destaca o fomento da iniciativa innovadora xeradora de actividade económica e emprego -prevese a creación de ata 600 postos de traballo vinculados ás novas compañías, que superarán unha facturación agregada de 70 millóns de euros-, e a mellora da posición competitiva de Galicia
— A nova axenda impulsada pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Igape, cun investimento de 15 millóns de euros, atende a dous eixos de actuación prioritarios: un centrado nas startups e outro nas medidas de promoción do ecosistema innovador
— Esta planificación busca favorecer a implantación das novas tecnoloxías no tecido empresarial galego e fomentar postos de traballo de calidade
— Crearanse novas ‘business factories’ que atendan ás actuais tendencias de aceleración de empresas centradas en campos como ‘foodtech’, ‘biotech’, ‘healthtech’, loxística ou as cadeas de subministracións
— Unha das novidades é a estrea do programa Coinviste de XesGalicia, pensado para fomentar investimentos privados en startups galegas mediante a captación de socios con acreditada solvencia económica, con capacidade tractora e cunha adecuada especialización en base tecnolóxica
— Tamén se activará o programa Erasmus Startup para conectar emprendedores no ámbito internacional a través da participación de startups galegas en iniciativas no exterior
— A Axenda 2022-2024 impulsará unha nova liña de Fomento de Emprendemento Feminino, enfocada á captación de mulleres que desenvolvan en Galicia proxectos centrados en retos tecnolóxico-territoriais específicos

— A factoría de pneumáticos de alto rendemento proxectada por Sentury Tire foi declarada proxecto industrial estratéxico polo Consello da Xunta, debido á súa transcendencia para a comarca e para toda Galicia
— A produción anual prevista é de 12 millóns de pneumáticos, para turismos, vehículos comerciais, de competición, todoterreos e avións civís
— Compartirá ubicación no futuro complexo enerxético e industrial das Pontes co outro proxecto declarado estratéxico pola Xunta, a planta de hidróxeno verde H2Pole, que ademais fornecerá á factoría galega de Sentury con enerxía verde e sustentable
— Alfonso Rueda agarda do Goberno central “sensibilidade” con este proxecto industrial estratéxico “de moita potencia e viabilidade”, pero que “precisa o empuxe dos fondos Next Generation”
— É persoal de xestión de transferencia que traballa en centros de coñecemento do sistema galego de innovación, como Fidis, CIM, Cinbio ou CITMAga
— As estadías en Oxentia, división de Oxford University Innovation, enmárcanse no programa Ignicia impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Fundación Barrié
— O programa serve de nexo entre o gran potencial da ciencia excelente que se realiza en Galicia e o mundo empresarial, para converter a investigación en solucións de mercado útiles para a sociedade
— Na súa traxectoria de seis anos, Ignicia financiou con 10,2 millóns de euros 23 proxectos que permitiron crear ou manter máis de 80 postos de traballo de alta cualificación e poñer en marcha 9 spin-offs galegas.
Más artículos…
- A SELECCIÓN DE AIRBUS, BABCOCK E TELESPAZIO COMO NOVOS SOCIOS ESTRATÉXICOS E TECNOLÓXICOS NO POLO AEROESPACIAL DE GALICIA PROPICIA UN INVESTIMENTO PÚBLICO-PRIVADO DE 283 MILLÓNS DE EUROS E A CREACIÓN DE MÁIS DE 400 EMPREGOS ATA 2026
- A PRIMEIRA PLATAFORMA EXPERIMENTAL DE EÓLICA MARIÑA REFORZARÁ O POTENCIAL DE GALICIA NESTA FONTE DE ENERXÍA LIMPA E RENOVABLE
- GALICIA PROXECTA A SÚA IMAXE DE REXIÓN EUROPEA Á VANGARDA EN TRANSICIÓN ENERXÉTICA NA VISITA REALIZADA POLA COMISIÓN DE INDUSTRIA DO PARLAMENTO EUROPEO
- A SEGUNDA EDICIÓN DOS BONOS ACTIVA COMERCIO DA XUNTA ESTARÁ DISPOÑIBLE NAS VINDEIRAS SEMANAS E PERMITIRÁ AFORROS DE ATA 15 EUROS EN CADA COMPRA
Página 54 de 58





























