A primeira liña está dirixida a pemes que poñan en marcha plans de innovación en procesos e organización, e a segunda é para deseño da innovación e sustentabilidade en todo tipo de empresas
Os apoios cubren ata o 50% dos custos subvencionables, co límite de 125.000 euros para as pemes e de 100.000 para as grandes empresas, e permiten un anticipo de ata o 70% do importe concedido
O Igape Innova recibiu máis dun cento de solicitudes, o que tal e como destaca a Xunta constata o forte interese do tecido empresarial galego por innovar e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e de sustentabilidade
Xunto con iniciativas como a liña IA360 ou o Ticket Innova, este programa contribúe a crear un ecosistema máis sólido, colaborativo e orientado á xeración de valor engadido, fomentando ademais a cooperación entre empresas e centros de coñecemento
Con esta actuación crearanse 886.500 metros cadrados de solo industrial nun recinto esgotado no que tan só hai unha parcela dispoñible
Enmárcase no obxectivo do Goberno galego de acelerar e intensificar a oferta de solo a disposición das empresas en concellos e comarcas con posibilidades de continuar co desenvolvemento económico
A Xunta ten en marcha outras catro actuacións en parques empresariais da provincia de Ourense: as ampliacións en San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz e O Pereiro de Aguiar e as obras de urbanización en Xinzo de Limia
Lembra que a Xunta defende un modelo de desenvolvemento no sector que combine rendemento económico, responsabilidade social e protección ambiental
O presidente da Xunta vinculou a louxa coa Lei de Recursos Naturais, ao igual que a produción hidráulica ou a eólica, no desafío de que os beneficios revertan no territorio e na calidade de vida das persoas
Durante unha visita á mina A Fraguiña, acompañado pola Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, precisou que a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para a investigación sumou un total de 51, dez deles na provincia de Ourense
A conselleira de Economía e Industria fixo este anuncio na visita ás empresas tecnolóxicas Binaria e Sinerxia, en Ames, onde destacou a elevada demanda que está tendo esta novidosa liña de apoios
O DOG publicará nos vindeiros días a ampliación do orzamento, que inicialmente estaba fixado en 10 millóns de euros
María Jesús Lorenzana considera fundamental “apoiar e acompañar ás empresas que aportan solucións tecnolóxicas avanzadas á industria para incrementar a súa competitividade”
Lembrou o compromiso do Goberno galego coa transformación dixital, con iniciativas como a creación no Igape dunha área específica de innovación dotada con máis de 80 millóns de euros
Os avances na Fase IV desta infraestrutura, que permitirá o regreso da oferta de solo empresarial á comarca do Deza, foron analizados pola conselleira de Economía e Industria e o alcalde de Lalín
O proxecto de urbanización foi aprobado polo Concello de Lalín, en setembro está prevista a aprobación do documento final e a ampliación licitarase no cuarto trimestre deste ano
As actuacións que ten en marcha a Xunta para dotar á provincia de Pontevedra de máis solo industrial aumentarán as dotacións actuais en case 3 millóns de metros cadrados
Na presentación do diálogo estratéxico cos tres sectores, María Jesús Lorenzana resaltou como obxectivo mobilizar todo o potencial industrial e tecnolóxico de Galicia no campo da defensa e as tecnoloxías de aplicación dual e xerar unha forte demanda de produtos, sistemas e servizos
A conselleira de Economía e Industria asegurou que as análises previas indican que a Comunidade ten capacidade alta para a fabricación do 75% das tipoloxías de compoñentes e servizos que se requiren, “o cal dá unha idea das oportunidades que terán as nosas empresas”, avanzou
Tras detallar as liñas da colaboración público-privada neste campo, concluíu que “Galicia está realmente posicionada para poder ser obxectivo de atracción de investimentos neste sector”
Nos vindeiros cinco anos vanse destinar 183 millóns de euros coa previsión de mobilizar ata 900 millóns, e co obxectivo de atraer empresas de especialización estratéxica como o naval, a automoción, o metal ou as TIC
O proxecto cifra o investimento en 6,8 millóns de euros, creará unha vintena de postos de traballo e prevé a apertura para finais de 2026
A conselleira de Economía e Industria enxalzou esta iniciativa da concesionaria das ITV en Galicia, ao coincidir “cun momento no que estamos apostando, insistindo e poñendo todos os esforzos nunha política industrial que atraia proxectos empresariais verdes que consoliden unha industria de alto valor tecnolóxico”
Considera unha “moi boa noticia” constatar que o sector empresarial percibe a Xunta “como unha Administración facilitadora e amigable para o investimento”
Lorenzana asegura que as actividades de I+D+i no sector son clave para afrontar os retos da electrificación, a condución autónoma e a nova mobilidade