Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

 

  • A conselleira de Economía e Industria precisa que esta liña de apoios, a punto de ser publicada no DOG, permitirá aforrar 4,5 millóns na factura eléctrica do sector empresarial

  • Como novidades desta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes amplíase de 2 a 8 meses e as axudas diríxense tanto a subvencionar instalacións novas como actuacións para obter un Certificado de Aforro Enerxético

  • Desde a posta en marcha, hai 11 anos, das axudas para fomentar a eficiencia enerxética nas empresas, aprobáronse 1.640 proxectos, por un importe conxunto de 56 millóns de euros

  • María Jesús Lorenzana anunciou a nova convocatoria de apoios durante unha visita ao Atendo Senior Living, de Vigo, centro asistencial no que a Xunta participou na rehabilitación integral do edificio

  

  • Dependente do Igape, está formada por máis de 100 profesionais de diferentes sectores e opera como unha canle única entre empresas e Administración

  • Desde o seu inicio de actividade no mes de abril recibiu preto de 14.000 consultas de empresas, autónomos ou emprendedores, e o 82% desas solicitudes foron resoltas no momento

  • A maior demanda procede dos sectores enerxético, automoción, economía circular, mar-industria, turismo, TIC, loxística, contract e construción

  • Neste ano 2025, a Xunta abrirá na Casa de Galicia en Madrid a primeira sede exterior da Oficina Económica, co obxectivo de atraer investimentos e de seguir avanzando no proceso de desburocratización

  

  • Esta nova liña de apoios será aprobada no vindeiro Consello da Xunta e permitirá que as pemes non tecnolóxicas poidan contratar servizos doutras compañías que incorporen a IA nos seus procesos produtivos

  • María Jesús Lorenzana precisou que a convocatoria será xestionada polo Igape, desde a súa nova área específica de innovación empresarial, que conta cun orzamento de 60 millóns de euros

  

  • Visitou xunto á conselleira María Jesús Lorenzana a central hidroeléctrica que posúe o embalse de maior capacidade de almacenamento e que vén de cumprir 60 anos de historia

  • O presidente da Xunta referiuse a Belesar como exemplo da aposta polas enerxías limpas e lembrou que Galicia é a terceira Comunidade con maior cota de produción de enerxía verde

  • Nos dez primeiros meses de 2024, a porcentaxe de xeración renovable representou o 85,7% de toda a enerxía producida en Galicia

  • Alfonso Rueda considera fundamental que o potencial da Comunidade en renovables se desenvolva de maneira ordenada, con “proxectos que garantan a sostenibilidade ambiental e a preservación do entorno”

  • Lembrou no Parlamento que as compensacións “deben chegar a ese 25 por cento e mesmo superalo”, tal e como fan outros países da Unión Europea

  • A conselleira de Economía e Industria volve demandar a modificación do Estatuto Electrointensivo para que recolla axudas ad hoc para este tipo de empresas, e a bonificación de peaxes do 80 por cento con carácter permanente

  • Critica que, tres días despois de que se cancelase a reunión prevista, a secretaria de Estado de Industria manifestase no Congreso que hai varias solucións para Alcoa enriba da mesa sen concretar ningunha

  • Respecto aos parques eólicos que han de subministrar enerxía á planta de San Cibrao, Lorenzana lembrou que a Xunta tramitou todos os que lle corresponden, e pide unha solución para os cinco que perderon o permiso de acceso e conexión “pola mala tramitación por parte do Ministerio”

  • As conselleiras de Economía e Industria e de Medio Rural analizaron as posibles repercusións do novo escenario para as empresas galegas e coincidiron na necesidade de que todos os sectores sexan “escoitados e protexidos”

  • María Jesús Lorenzana apuntou que a alianza pode impulsar o comercio a a internacionalización das empresas galegas, polo que a Xunta porá en marcha instrumentos específicos na rexión, como a apertura dunha nova Antena comercial do Igape en Brasil, a primeira en América do Sur

  • A titular de Economía e Industria precisou que as perspectivas para os sectores produtivos galegos son especialmente positivas en industrias clave como a do automóbil, a de pezas de maquinaria, a dos produtos químicos ou o naval

  • Pero ao mesmo tempo defendeu que o novo marco comercial conte cunha estratexia “eficaz e intelixente” que asegure “a inclusión de todos os sectores produtivos estratéxicos para a economía galega”

  • A conselleira de Medio Rural advertiu que a esixencias como a burocracia ou os requirimentos ambientais engádese agora “a ameaza que pode supoñer o acordo do Mercosur para un sector especialmente sensible a calquera movemento a nivel mundial” como é o agroalimentario

  • María José Gómez amosou a súa “preocupación” polas posibles consecuencias do acordo e insistiu na reclamación dunha conferencia sectorial urxente para avaliar o impacto da alianza

  • No acto de celebración deste aniversario transcendeu un balance de actividade no que destaca un volume de investimento de 462 millóns de euros en 520 operacións aprobadas, con 330 empresas beneficiarias

  • Entre outros apoios, están os concedidos a CZ Veterinaria, Innolact, Origo Biofarma, Cogami, Adega Condes de Albarei ou á Agrupación de Cooperativas Lácteas

  • Para 2025, Xesgalicia contará con saldos para investimentos por importe de 140 millóns de euros

  • No mesmo exercicio, o Igape destinará a financiamento empresarial 152 millóns de euros, un 46% máis que en 2024

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia