Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Durante unha visita a este polo industrial asegurou que “estamos nun día importante para Ourense e para este parque no que xa hai instaladas máis de 100 empresas”
  • A publicación no DOG da aprobación inicial do instrumento de planeamento do Pereiro de Aguiar permitirá “que as obras de ampliación deste polígono poidan ser unha realidade” ao tempo que xa se traballa no proxecto de urbanización, destacou a conselleira
  • Remarcou que un dos grandes obxectivos desta lexislatura é axilizar o desenvolvemento de solo nos concellos e comarcas con carencias na oferta
  • A Xunta comezará as obras de ampliación do Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar a finais de 2027, e a instalación de empresas na nova superficie será unha realidade no 2028

  • Unha comisión sectorial, con participación de todos os axentes, asegurará a correcta execución, control e seguimento das 67 medidas planificadas
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, remarca que “máis de 200 empresas e 25.000 persoas” dependen directamente desta actividade “que está a vivir a súa propia revolución industrial coa chegada do vehículo eléctrico”
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliña que a automoción galega “está nun momento de transformación absoluta” e nun “punto de inflexión” debido ao proceso de electrificación e descarbonización
  • A Administración galega xa ten activada unha liña de apoios por importe de case 60 millóns de euros que dan continuidade ao programa iniciado en 2024 e que mobilizou 22 millóns
  • O Plan director da automoción galega concorda coa UE na necesidade de adoptar medidas urxentes e cambios normativos que amplíen a toda a cadea de valor o acceso ás axudas e que rebaixen a carga administrativa, tal e como xa demandou a Xunta en encontros sectoriais en Bruxelas e en Monza

  • Nunha visita ás instalacións de Zendal no Porriño, a conselleira de Economía e Industria precisou que Xesgalicia, “o brazo investidor do Igape”, está preto dos 500 millóns de euros en 520 operacións aprobadas a máis de 300 empresas
  • Destacou que os apoios do Igape para 2025 en materia de financiamento superan os 150 millóns de euros, cun crecemento do 45% e co orzamento máis alto en cinco anos
  • María Jesús Lorenzana enxalzou a traxectoria do grupo Zendal, que “engloba toda a cadea de valor” e que “pon enriba da mesa” o forte posicionamento da industria biotecnolóxica galega

  • O presidente da Xunta trasladoulle o desexo de seguir mantendo relacións estables entre ambas economías e remarcou “os lazos históricos, culturais e humanos” froito da emigración galega
  • No encontro abordaron o fortalecemento das relacións comerciais e a conexión coa colectividade galega no país
  • Alfonso Rueda lembrou a capacidade exportadora de Galicia e manifestou o desexo de que medidas como o acordo da UE co Mercosur “por fin se materialicen”
  • Na xuntanza co novo presidente de Uruguai salientou a Estratexia Galicia Retorna: “Esta Galicia potente ábrese para ofrecer oportunidades a todos os que queiran volver”

  • Salienta o labor das colectividades do Uruguai na promoción de Galicia e o seu esforzo por constituír “unha das comunidades galegas máis importantes”
  • O presidente da Xunta remarca os medios que a Estratexia Galicia Retorna pon ao servizo dos emigrantes que desexen volver á súa terra de orixe
  • No inicio da viaxe a Uruguai enxalzou a presenza de empresas galegas no país, onde están “a crear riqueza desde fai moito tempo”, e lembrou que tamén constitúen unha excelente porta de entrada para as exportacións cara Europa

 

 

  • Na súa visita á feira de emprego organizada pola Xunta en Bos Aires, Alfonso Rueda salientou as oportunidades laborais que ofrece o tecido empresarial da Comunidade para os galegos retornados
  • No escaparate de emprego da capital arxentina, que terá continuidade o vindeiro luns en Montevideo, conflúe a oferta laboral de clústeres e de empresas galegas dos sectores agroalimentario, TIC, loxística, renovables ou metal mecánico, entre outros
  • O presidente da Xunta resaltou a posta en marcha da segunda edición do Programa Retorna Cualifica Emprego, que este ano mobiliza 2,3 millóns de euros e lanza 200 empregos con contrato indefinido e con apoios complementarios para o retorno
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia