No inicio da súa visita ao país, o presidente da Xunta mantivo un encontro co xefe do Gabinete de Ministros, Guillermo Francos, e co embaixador de España na Arxentina, Joaquín de Arístegui
Rueda avogou pola colaboración en investimentos e en desenvolvemento empresarial, e enxalzou o potencial económico de Galicia e as oportunidades profesionais que ofrece
Salientou as políticas pioneiras de retorno que impulsa a Xunta a través da Estratexia Galicia Retorna, que busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior ata 2026
Alfonso Rueda lembrou a importancia de coidar as relacións institucionais entre España e Arxentina, país no que residen máis de 181.000 galegos
A conselleira de Economía e Industria advertiu en Bruxelas que as medidas do novo plan sectorial presentado pola Comisión Europea deben aplicarse “coa máxima celeridade e de forma inmediata”, ao consideralo de emerxencia
Matizou que non se pode perder tempo en desenvolvementos regulatorios que dilaten a aplicación durante meses ou anos
María Jesús Lorenzana valorou positivamente a prioridade que lle da a Comisión Europea á fabricación de baterías e de compoñentes en Europa, polos efectos para atraer investimentos a territorios con fortes capacidades no sector como Galicia
Tamén considerou axeitado que se vaian impulsar o hidróxeno e os combustibles alternativos, pero dando “apoio aos proxectos de produción e non só aos de recarga e repostaxe”
Nun xantar-coloquio organizado polo Nordés Club Empresarial, defendeu a importancia de apoiar ao sector empresarial “como impulso dunha Galicia competitiva e innovadora”
O titular do Goberno galego puxo en valor as medidas da Xunta para apoiar a inversión, a actividade de autónomos e pemes e a transferencia de coñecemento
Remarcou que Galicia é vista desde o exterior como un “territorio tranquilo”, con seguridade xurídica e “amigable”, pero tamén cunha administración “firme e esixente” á hora de avaliar os proxectos
O presidente da Xunta destaca o modelo empresarial desta compañía galega especializada en ferraxería profesional e subministracións industriais e pona de exemplo entre as que contribúen “á imaxe de Galicia Calidade”
Alfonso Rueda afirma que a Xunta traballa “para converter Galicia nun polo de atracción empresarial e de retención do talento”
Enumerou incentivos como a nova área de Innovación do Igape, con 60 millóns de orzamento; o programa IA 360, dotado con 10,2 millóns; ou o Igape Innova, con 4 millóns
As novas instalacións de Unifersa teñen 42.000 metros cadrados de superficie e están situadas no polígono industrial da Laracha (A Coruña)
A conselleira de Economía e Industria asistiu, xunto co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, ao encontro empresarial organizado pola CEG
María Jesús Lorenzana trasladou a este foro a preocupación de Galicia por “lograr a sustentabilidade social e aproveitar os nosos recursos naturais como elemento tractor da nosa economía”
Resaltou que a Lei de Promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia ten como obxectivo unha xestión responsable que protexa o medio ambiente, que xere riqueza e “que esta riqueza xerada impacte no territorio”
Afirmou que Galicia está nun ciclo económico cheo de oportunidades, ao contar “cun tecido empresarial excelente, maioritariamente familiar e sólido” e ao consolidar o crecemento do emprego industrial e do comercio exterior, con récord de exportacións en máis de 31.000 millóns de euros
A conselleira de Economía e Industria demanda a acción “conxunta e coordinada” de todas as administracións para salvagardar a viabilidade do sector en Europa e blindar as súas capacidades fronte ao reto da electrificación
Participou nun encontro co comisario de Mobilidade Sustentable e Turismo da Comisión Europea, onde remarcou a necesidade de adoptar medidas urxentes desde as institucións europeas para reforzar a competitividade desta industria no novo escenario global
María Jesús Lorenzana considera indispensable actuar sobre catro ámbitos: o normativo, o das axudas públicas, o dos fondos comunitarios e o da desburocratización, no que puxo a Galicia como exemplo
No encontro dos representantes de 20 rexións europeas co comisario Apostolos Tzitzikostas inicidiu na petición de maior flexibilidade nas normativas, de revisión das sancións, de fondos específicos e de máis simplificación nas convocatorias de axudas
En definitiva, urxiu a que se teñan en conta no seo da Comisión Europea as medidas que xa foron tratadas na III Conferencia Anual da Alianza de Rexións Europeas con Industria de Automoción (ARA), celebrada en Monza
A conselleira lembrou en Bruxelas que Galicia foi a primeira Comunidade en activar unha liña de axudas específica para toda a cadea de valor, cunha inxección económica de 230 millóns de euros ata 2027
O presidente da Xunta, acompañado pola conselleira de Economía e Industria e polo conselleiro do Mar, mantivo en Bruxelas reunións con Teresa Ribera e con Costas Kadis
Trasladoulle á vicepresidenta de Transición Limpa, Xusta e Competitiva da Comisión Europea a “absoluta rigorosidade” coa que se tramitan os proxectos industriais en Galicia e as avaliacións de impacto ambiental
No encontro con Teresa Ribera, o presidente da Xunta e María Jesús Lorenzana abordaron a actual situación xudicial de proxectos eólicos
Rueda demandou que se teña en conta a Galicia “como territorio estratéxico para as grandes redes de transporte en Europa”, incluíndo tanto o transporte de persoas e mercadorías como as infraestruturas enerxéticas
Na reunión co comisario de Pesca e Océanos, o presidente da Xunta incidiu na “necesidade de compatibilizar a preservación do medio ambiente coa economía do mar”
Sostivo ante Costas Kadis que “é imprescindible esixir regras de xogo iguais para todos” e amosou a súa preocupación respecto aos acordos de libre comercio que poida haber con Tailandia, especialmente en relación co atún
Alfonso Rueda pediulle ao comisario chipriota que non se eliminen as bonificacións ao gasóleo para os barcos “mentres non se atope outro sistema de propulsión alternativo”