A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou na presentación do Informe anual elaborado pola Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera)
No 2023 Galicia consolidouse como unha das principais rexións produtoras de Europa, co aproveitamento de case 10 millóns de metros cúbicos de madeira e cunha facturación superior aos 2.400 millóns de euros
As exportacións móvense en cifras históricas tanto na madeira como nas súas manufacturas e na pasta, papel e mobiliario
A Xunta agarda que o Plan director do sector forestal, actualmente en proceso de elaboración, estableza as liñas mestras para afrontar retos como avanzar en tecnoloxías innovadoras que incrementen a competitividade
Conclúe que esas fortalezas da factoría de Balaídos quedan constatadas no feito de ser adxudicataria dos modelos máis avanzados da marca en plena transformación cara á electrificación
Nun encontro cos responsables de Stellantis Vigo, acompañado pola conselleira de Economía e Industria, o presidente da Xunta enxalzou os rexistros da planta en 2023: 531.000 unidades producidas (+31,5%), dos que un 13% son vehículos eléctricos
Rueda lembrou que da factoría viguesa saen máis da quinta parte -o 22%- dos vehículos fabricados polo grupo no conxunto de España
Afirma que esas cifras son “as mellores credenciais” de Stellantis Vigo, que define como “a cabeza de todo un sector en Galicia” que o pasado ano conseguiu máximos históricos en facturación e exportacións
Trasladou “todo o compromiso que, desde sempre, a Xunta leva amosado con esta industria estratéxica”, formada por máis de 200 empresas e case 25.000 empregos
Desde o ano 2010, a Xunta leva apoiado a Stellantis Vigo cun investimento público de 93,2 M€ en axudas, orientadas en especial ao dobre reto da progresiva implantación da fábrica intelixente e da electrificación
Na súa visita ás instalacións de Balaídos, Alfonso Rueda destacou o ambicioso Plan director da automoción, que inxectará no sector máis de 230 M€ entre os anos 2024 e 2027
María Jesús Lorenzana participou no encontro de despedida aos 47 bolseiros do programa de internacionalización do Igape, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 3 millóns de euros
Os participantes vanse especializar en comercio exterior con estadías de ata 22 meses nas antenas do Igape, nas sedes do ICEX no estranxeiro e nos clústeres, centros tecnolóxicos e cámaras de comercio de Galicia
A conselleira avogou por avanzar na desregulación, na desburocratización e en facilitar a actividade do tecido empresarial, e destacou o esforzo da Xunta por ofrecer solo industrial gratuíto e avanzar na autonomía estratéxica vinculando todo o desenvolvemento enerxético da Comunidade co da industria
A conselleira de Economía e industria, María Jesús Lorenzana, e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, Julio Lage, asinaron un protocolo de colaboración que permitirá complementar o labor da antena comercial do Igape en China
Entre os obxectivos do acordo destacan a detección de oportunidades de negocio, a interacción entre empresas galegas e chinesas, a organización de misións comerciais e de programas de formación, así como a realización de estudos para identificar sectores chave
Lorenzana subliñou o gran potencial que ofrece o mercado chinés para as empresas galegas e lembrou que na Comunidade xa hai preto de 300 exportadoras con presenza no xigante asiático
As exportacións galegas a China sumaron 234 millóns de euros en 2023, cun crecemento acumulado do 25% en tres anos, e cos sectores agroalimentario, químico, téxtil, metalmecánico, forestal e da automoción liderando esas transaccións
A conselleira de Economía e industria participou na inauguración das novas instalacións de Birdmind no polígono do Campiño, firma que fabrica mobiliario feito con residuos agrícolas e que patentou un tipo de taboleiro elaborado con cáscaras de arroz
María Jesús Lorenzana destacou que os programas de impulso á sustentabilidade postos en marcha pola Xunta de Galicia están dotados con case un millón de euros
Lembrou que o Igape contará por primeira vez na súa historia cunha área específica de innovación ligada ás pemes, cun orzamento de 60 millóns de euros
A conselleira de Economía e Industria avanzou nun encontro con representantes de Aegama que a Xunta vai iniciar os trámites para esta apertura que terá como emprazamento a Casa de Galicia en Madrid, a mediados de 2025
María Jesús Lorenzana remarcou que o Goberno galego da un paso máis abrindo a primeira oficina fóra de Galicia para seguir simplificando o camiño ás empresas que queiran investir na Comunidade
No acto coa Asociación de Empresarios Galegos en Madrid que preside Julio Lage, a conselleira precisou que a Oficina Económica atendeu preto de 12.000 consultas en apenas sete meses, o que constata a necesidade dun servizo de atención especializada dirixido ao sector empresarial
Incidiu en que para o crecemento de Galicia, da súa economía e da súa industria, “son vitais as empresas e é responsabilidade das Administracións facilitarlles as condicións apropiadas para o seu asentamento”
Alfonso Rueda enxalza que Galicia é a primeira Comunidade en implementar “un paquete de medidas específicas”, con 65 iniciativas de apoio, para impulsar un sector declarado como estratéxico
A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, destaca que o Consello da Xunta ven de aprobar a segunda convocatoria do Plan extraordinario de apoio á descarbonización e transición ao vehículo eléctrico, con axudas por importe de 50 millóns de euros
O Goberno galego da continuidade ao programa xa iniciado este ano cunha dotación de 22 millóns e reforza a cooperación co sector no seu tránsito cara á modernización e a sustentabilidade
Lorenzana remarca que a nova convocatoria, impulsada a través do Igape e o Inega, potencia o tecido industrial galego e promove “a descarbonización, a transición ao vehículo eléctrico e avanzar cara modelos de green factory”
O Plan director do sector desprégase arredor de dous obxectivos estratéxicos, cinco eixes e sete ámbitos de prioridades, abarcando desde a cooperación tecnolóxica ata a mellora da capacitación profesional