O presidente da Xunta liderou a delegación española no Comité das Rexións
Matizou que a busca da simplificación non debe supoñer unha recentralización da xestión dos fondos e asegurou que a política de cohesión foi un dos grandes motores do progreso europeo
Destacou que a integración europea de España e Portugal significou un dos grandes fitos recentes, que deu comezo a catro décadas “de gran prosperidade para ambos países”
No debate sobre o financiamento para a transición cara unha enerxía limpa, sostivo que as renovables son o xeito de xeración máis sostible e que constitúen unha aposta de futuro na que as rexións deben ter un papel protagonista
A conselleira de Economía e Industria precisa que as actividades turísticas son o motor do 11% do total de ocupados na Comunidade
Afirma que as empresas do sector turístico están a contribuír á internacionalización da economía galega e á proxección exterior do territorio
María Jesús Lorenzana participou en Santiago na inauguración do proxecto Casas do Sarela, que converteu unha antiga fábrica de curtidos nun novo establecemento cun diseño arquitectónico que conxuga tradición e vangarda
Agradeceu ao alcalde Rui Moreira esta distinción que definiu como “expresión do vínculo histórico, cultural e institucional” entre ambos territorios
O presidente da Xunta matizou que a entrega das Chaves da Cidade de Porto non é un recoñecemento persoal, senón “unha expresión de confianza”, e subliñou que “Porto tamén é un símbolo de carácter, identidade, modernidade e orgullo para os galegos”
Na súa intervención puxo especial énfase na nova petición ao Goberno central de avanzar con decisión na conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto, “a prioridade máis evidente” no ámbito das infraestruturas
Lembrou que o obxectivo é que estea operativa a máis tardar en 2030, e que se desenvolva en coordinación cos aliados portugueses e coa implicación do tecido económico e social de ambos lados da fronteira
Rueda defendeu a inclusión da conexión Vigo-Porto na Rede Básica Europea de Transportes e precisou que Galicia e Portugal acuden esta semana a Bruxelas, ao Foro do Corredor Atlántico, “con reivindicacións parellas e demanda compatida”
No eido cultural, reafirmou o apoio da Xunta á candidatura do Camiño Portugués a Santiago como Patrimonio Inmaterial da Humanidade
O balance en Galicia das tres edicións que se levan convocado é dun orzamento de 54 millóns e de 13.743 solicitudes por un importe conxunto de 73,8 millóns
A conselleira de Economía e Industria lamenta que o Goberno non atenda as peticións das comunidades autónomas e do sector consistentes nun plan “que corrixa as deficiencias do actual modelo”
En contraposición ao MOVES, enxalzou o programa de axudas convocado pola Xunta con fondos propios, o plan Renova o teu vehículo, xa que implica un desconto directo na factura de compra, ao ser aplicado polo concesionario dentro da operación
Na entrega de diplomas aos 250 beneficiarios da convocatoria 2024-2025 referiuse a esta iniciativa da Xunta como eixo do modelo galego de retorno ordenado e de atracción de talento novo
Afirmou que os datos avalan o éxito do programa, con preto do 80% dos bolseiros instalándose en Galicia e con máis do 60% atopando emprego na Comunidade
O presidente da Xunta precisou que as BEME forman parte dunha estratexia máis ampla, o plan Galicia Retorna, que inclúe máis de 100 medidas para facilitar o regreso e a integración dos retornados
A convocatoria do vindeiro curso ofrecerá outras 250 prazas nas tres universidades públicas galegas para alumnado de orixe galega, que poderá optar a máis de 80 mestrados diferentes
Desde 2017, o número de beneficiarios só no referido aos posgraos xa supera os 1.500, procedentes dun total de 41 países
Covadonga Toca, directora do Igape, subliñou na apertura do Mindtech Startup Event a aposta en Galicia polo talento innovador, con medidas de apoio que abarcan desde as fases iniciais ata a expansión internacional
Lembrou a liña de axudas, dotada con 1,5 millóns de euros, que permite cubrir o 100% dos gastos das startups galegas no seu arranque, con achegas de ata 20.000 euros por proxecto
No evento de Mindtech, a feira industrial de Vigo, Toca Carús eloxiou o bo momento do sector metalúrxico galego, que sostén máis de 60.000 empregos e que en 2024 medrou un 3%, cunha ocupación produtiva superior ao 90%
Alfonso Rueda precisou que o prazo pode chegar aos 12 anos e a carencia a catro, o dobre do habitual no financiamento empresarial
O presidente da Xunta estima que o volume de préstamos para paliar os efectos da política arancelaria dos Estados Unidos acade os 10 millóns de euros neste exercicio
A nova liña está dirixida a empresas que acrediten un volume mínimo de exportacións ao mercado estadounidense por importe de 100.000 euros ou que representen máis do 10% das súas vendas
María Jesús Lorenzana avanzou a posta en marcha dun novo servizo de consultoría especializada, dentro do programa Reacciona, para acompañar ás empresas galegas na estratexia de diversificación comercial
A conselleira de Economía e Industria lembrou que desde abril a Xunta mantén encontros e “interlocución directa” cos sectores máis expostos á política arancelaria, como o naval, agroalimentación, biotecnoloxía, loxística, metalmecánica e materiais de construción