Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O nodo Conectivi.gal, iniciativa público-privada, establece tres grupos de traballo que estarán centrados na capacitación e retención de talento dixital, en dinamizar o despregamento no sector privado e na mellora da conectividade nas Administracións públicas
  • Forman parte do proxecto as tres universidades públicas de Galicia, as operadoras Telefónica, Vodafone e Orange, e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia
  • A Cidade da Cultura acolleu a primeira comisión de seguimento desta estrutura, que é unha evolución do Nodo de Cooperación 5G

  • A conselleira de Economía e Industria afirma que nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense atende as demandas do Goberno galego, mentres que en Lugo a rede de transporte de enerxía “non se reforza en ningún punto nin zona para o consumo industrial”
  • María Jesús Lorenzana advirte que a consecuencia para Lugo será que “durante o tempo que dure esta planificación non se poderá instalar ningunha mediana ou grande industria na provincia”, o que equivale a excluíla “do mapa industrial dos vindeiros anos”
  • Pero a conselleira xa avanza que “o Goberno de Galicia vai seguir loitando para que Lugo poida ter un futuro económico e industrial”
  • Lorenzana reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, e con responsables de Red Eléctrica Española (REE), para abordar a proposta de planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica para o período 2025-2030

  • A conselleira de Economía e Industria pechou a súa viaxe ao país con encontros na Oficina Comercial de España e na Antena do Igape
  • María Jesús Lorenzana enxalzou que todo proxecto con interese por instalarse en Galicia “vai atopar ao outro lado unha Administración coa man tendida e disposta a ofrecer solucións e garantías”

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro en Tokio con membros da Japan External Trade Organization (Jetro), o organismo gubernamental que promove o comercio e o investimento no exterior
  • Tras a visita a Jetro, Lorenzana destacou que “existe un marco de traballo común en torno ao obxectivo de fomentar o investimento estranxeiro directo”, que considera clave para Galicia
  • Presentou a Oficina Económica como “porta de entrada única” para todos os investidores asiáticos que queiran establecerse na Comunidade coas vantaxes “dun mercado confiable e dun Goberno estable que apoia ás empresas”
  • A conselleira puxo en valor a presencia en Galicia que xa acreditan compañías niponas da talla de Denso Sistemas Térmicos (Vigo), Toyota (Vigo), NTT Data (A Coruña), Fujitsu (Santiago) e as pesqueiras Europacífico (Vigo), Nissui Corporation e Wadayku Europe (O Porriño), e proxectos de futuro como os de Univergy Solar (Vigo), Resonac (A Coruña) e Sojitz Corporation (A Coruña)

 

  • A conselleira de Economía e Industria reclamou desde Xapón ao Goberno de España a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede de transporte eléctrico para que a enerxía producida en Galicia poida chegar a fogares e empresas
  • Resaltou que a parálise á que o Goberno está sometendo ao sector en España “é contraproducente á hora de captar novos proxectos de investimento que poden xerar riqueza na Comunidade”, como o que promove Elawan Energy
  • María Jesús Lorenzana tamén se reuniu en Tokio con representantes de Fujitsu Limited, compañía que colabora con Galicia no despregamento da computación cuántica e que mostrou interés en coñecer a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo aprobada recentemente polo Goberno galego
  • Nunha posterior recepción institucional na Embaixada de España en Xapón, a conselleira defendeu seguir fortalecendo as relacións comerciais entre Galicia e o país asiático, mercado ao que cada vez exporta de forma regular unha porcentaxe maior de empresas galegas
  • No acto na Embaixada española de Tokio participaron empresas galegas con traxectoria no país, como Adolfo Domínguez, Coren ou Trison, e compañías xaponesas con sede en Galicia

  • A conselleira de Economía e Industria asegurou no inicio da súa xira ao Xapón que “a estabilidade e a eficiencia” constitúen o mellor aval do Goberno galego para atraer investimentos
  • Confía no fortalecemento das relacións comerciais entre ambas economías, creando en Xapón un marco de expansión para as empresas galegas e en Galicia de atracción de proxectos promovidos desde o país asiático
  • En plena semana de Galicia na Expo de Osaka, María Jesús Lorenzana tamén visitará Tokio para manter varios encontros empresariais
  • A titular de Economía e Industria da Xunta subliñou na súa intervención no Día de Honra de Galicia o incremento de turistas e de peregrinos xaponeses que fan o Camiño de Santiago, preto de 1.500 en 2024 e 1.144 no que vai de ano

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reunirase con representantes de Fujitsu Limited, Orix Corporation e Inaba Foods, compañías de alto interese para a economía galega
  • Manterá un encontro con directivos da Japan External Trade Organization (Jetro), organización gubernamental dedicada a promover o comercio internacional con Xapón así como o investimento
  • Tamén está previsto un acto organizado pola Embaixada de España con empresas galegas establecidas no país asiático e con grupos xaponeses con instalacións en Galicia
  • Turismo de Galicia promocionará a Comunidade coa organización de actividades culturais e gastronómicas durante toda a semana
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia