Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, defendeu a estratexia galega baseada na compatibilidade entre impulso do sector, medio mariño e actividades existentes
  • Lembrou o interese de Galicia por acudir á primeira poxa de megavatios de eólica mariña que se convoquen en España para “non perder a oportunidade de posicionarnos á vangarda desta tecnoloxía”
  • Fernández Vila lamentou que España leve case tres anos de atraso na folla de ruta do desenvolvemento da eólica mariña e insistiu na necesidade de apoiar os proxectos experimentais no sector
  • O director xeral está a participar no Reino Unido nunha rolda de encontros con empresas interesadas en asentarse en España e visitou o parque Kincardine Offshore Wind Farm, en Aberdeen

  • No encontro que tivo lugar no marco do Foro La Toja abordaron o potencial de crecemento das empresas galegas, que de xaneiro a xullo deste ano incrementaron nun 10,7% as exportacións con destino ao Reino Unido
  • O presidente da Xunta convidou ao embaixador a visitar Galicia no próximo Xacobeo 2027 e puxo en valor a Estratexia de Turismo de Galicia 2030, que prevé un investimento superior aos 1.000 millóns de euros para consolidar un modelo turístico sostible e diversificado
  • O turismo británico, que en Galicia ten unha cuota do 6,5% do mercado internacional, está sendo este ano o de mellor comportamento, cun incremento do 16% en viaxeiros e do 20% en pernoctacións
  • Máis de 12.000 peregrinos do Reino Unido percorreron o Camiño de Santiago nos nove primeiros meses, un 7% máis que no mesmo período de 2024

  • A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, avanzou que a Xunta está a desenvolver na actualidade máis de cinco millóns de metros cadrados
  • Precisou que Xestur ten en marcha 25 actuacións en 23 polígonos industriais galegos, das que 15 son tramitacións de novos instrumentos de ordenación de solo empresarial
  • Agora mesmo hai dispoñibles un total de 147 parcelas de uso industrial que son titularidade de Xestur, cunha superficie total de 339.800 metros cadrados
  • Margarita Ardao sinalou que de cara aos vindeiros anos, a Xunta continuará desenvolvendo novos parques empresariais naquelas localizacións nas que se detecte unha importante demanda de solo empresarial

  • A nova aceleradora galega para o sector do deporte e o benestar ten como meta innovar a través do fomento da colaboración entre startups, federacións, clubes deportivos, empresas e investidores
  • A conselleira de Economía e Industria destacou que nas tres convocatorias que vai ter BF Sport, o Igape destinará máis de 450.000 euros en axudas directas a proxectos en fase de aceleración e financiará o 80% dos custos operativos do programa
  • Ademais, Xesgalicia mobilizará ata 4,4 millóns de euros en financiamento para as fases de aceleración e consolidación

  • Os conselleiros de Emprego, Comercio e Emigración e de Economía e Industria participaron en Santiago no foro empresarial `Oportunidades de cooperación e investimento entre empresas galegas e chinesas´
  • José González salientou que Galicia actúa como “Administración facilitadora para o seu tecido empresarial, comprometida coa simplificación de trámites e acompañando ás empresas nos seus retos”
  • María Jesús Lorenzana puxo en valor a previsibilidade da economía galega, o equilibrio e a estabilidade financeira “grazas a un tecido empresarial resiliente” formado por máis de 190 firmas con presencia constante no mercado chinés
  • A conselleira precisou ademais que a porcentaxe de empresas galegas que son exportadoras regulares a China creceu ata chegar xa ao 43% do total das que realizan transaccións no xigante asiático

  • Alfonso Rueda e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitaron ás instalacións que promove en Curtis a compañía In Proteins for All
  • A nova planta, que creará 55 empregos directos, producirá proteínas a partir de legumes como fabas, garavanzos, lentellas ou chícharo mediante procesos de biotecnoloxía e química sostible
  • O investimento cifrouse en preto de 19 millóns de euros, cunha achega da Xunta que superou os 9,5 millóns
  • Rueda puxo en valor que esta infraestrutura supón un salto cualitativo para a industria agroalimentaria galega e posiciona a Curtis “como referente nacional na produción de proteínas”

 

  • O presidente da Xunta participou en Vigo nun encontro organizado por Ageinco, a Asociación Clúster de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia
  • Remarcou que Galicia non pode permitirse atrasos en obras básicas para vertebrar o territorio e garantir a igualdade de oportunidades, e avanzou que en 2025 xa se investiron 329 millóns en obra pública, case un 40% máis que no exercicio anterior
  • O titular da Xunta enxalzou a importancia de contar coa enxeñaría desde as fases iniciais dos proxectos para evitar riscos e atrasos, mellorar a redacción técnica e acadar mellores resultados cos mesmos recursos
  • Precisou que a Administración autonómica garante a participación da enxeñaría en proxectos clave de mobilidade, ordenación do territorio e transformación dixital
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia